Artigos

O MAC convoca axudas de mobilidade para artistas e xestores culturais

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa convoca, por primeira vez e con carácter extraordinario, de quince axudas de mobilidade xeográfica dirixidas a artistas, xestores culturais e outros profesionais do sector creativo, artístico e cultural de Galicia, residentes na comunidade, coa fin de contribuír á xeneración de redes internacionais de colaboración e a adopción de boas prácticas dentrod estes sectores. As axudas son de 500 euros, e o prazo de solicitude está aberto entre o luns 10 e o día 17.

Fonte: Culturagalega