Entradas

800 alegacións reclaman a independencia do Museo de Pontevedra

A integración do Museo de Pontevedra na Deputación de Pontevedra, e a súa desaparición como organismo autónomo dependente desta entidade continúa a xerar unha ampla polémica. Onte presentaban alegacións no organismo provincial a prol da independencia do Museo a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Galega de Historiadores, o Ateneo de Pontevedra, a Aula Castelao de Filosofía, a Asociación Maio Longo ou a Fundación Filgueira Valverde, así como varios colectivos veciñais. Con estas, son xa preto de 800 alegacións que recibiu a Deputación de Pontevedra denunciando a mudanza no modelo do centro.

Foto: Trivago.es

Fonte: Cultura galega