Entradas

Galicia, á cola da natalidade de Europa

España está no furgón de cola da natalidade de Europa, cun índice de fecundidade de 1,36 en 2011, lonxe da media europea (1,57) e do nivel de substitución xeracional (2,1), mentres que Galicia (1,07) ocupa o antepenúltimo posto, seguida de Asturias e Canarias (1,05 ambas).

Así se desprende dun informe difundido hoxe polo Instituto de Política Familiar (IPF) e realizado a partir de datos do Instituto Nacional de Estadística e da Oficina de Estatística Europea (Eurostat).

O IPF sostén que a crise económica está a facer caer a leve recuperación da fecundidade en España e alega que se necesitan 280.000 nacementos máis ao ano para asegurar o nivel de substitución xeracional.

No estudo asegúrase que se non fose pola inxección da natalidade estranxeira, só tres países -Polonia, Romanía e Hungría- terían un índice de nacementos peor que o español.

A Rexión de Murcia, Cataluña e Navarra son as comunidades con maior índice de fecundidade. Pola contra, Canarias (1,05),Asturias (1,05), Galicia (1,07) e Castela e León (1,18) son as que o teñen máis baixo.

Todas as comunidades españolas están por baixo tanto do nivel de substitución xeracional así como da media da Unión Europea (1,57).

Na análise constátase a relación entre políticas de apoio á familia e índice de fecundidade elevados, xa que países como Francia e Reino Unido conseguiron case alcanzar, mediante estas iniciativas, o índice de substitución xeracional.

O seguinte cadro reflexa de maior a menor o índice de fecundidade correspondente ao ano 2011 por CC AA:

  •   Rexión de Murcia: 1,54
  •   Cataluña: 1,50
  •   Comunidade Navarra: 1,48
  •   Andalucía: 1,42
  •   Castela-A Mancha: 1,41
  •   Comunidade de Madrid: 1,41
  •   A Rioxa: 1,40
  •   País Vasco: 1,39
  •   Aragón: 1,36
  •   Illas Baleares: 1,31
  •   C.Valenciana: 1,30
  •   Estremadura: 1,30
  •   Cantabria: 1,23
  •   Castela e León: 1,18
  •   Galicia: 1,07
  •   Asturias: 1,05
  •   Canarias: 1,05

Fonte: Galiciaé