Artigos

Inauguración da tempada de outlets do libro

A nova tempada de outlets do libro comeza este mesmo sábado, 4 de outubro, na cidade de Pontevedra. A actividade, organizada pola Asociación Galega de Editores conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e desenvolverase na Café Moderno (Centro Social A Fundación). Nesta nova edición conta coa participación de 16 editoriais e poñerá á venda uns 10.000 exemplares a prezos reducidos. Un 85% dos títulos ofertados terán un desconto en función do número de exemplares comprados. O 15% restante corresponde a edicións singulares que se ofertan a 5, 10 e 15 euros.

Un libreiro da cidade xestionará este espazo singular de venda temporal de libros. O Outlet permanecerá aberto ata o domingo 12 de outubro en  horario de 11 a 14h e de 17 a 21h.

Fonte: AGE. Foto

A Ministra de Cultura de Francia asegura que Amazon práctica dumping

O gabinete ministerial francés de Cultura considera que Amazon, o maiorista de libros máis grande do mundo, “práctica dumping e atenta contra a liberdade de competencia”, dixo a responsable da Cultura francesa, falando abertamente de que “todo o mundo está farto de Amazon, unha compañía que tira os prezos co fin de penetrar nos mercados para despois, nunha posición de cuasimonopolio, facer que os prezos volvan a subir. A intervención de Flipetti tivo lugar no II Encontro de Libreiros franceses, que tivo lugar en Burdeos.

A excepción cultural 

A excepción cultural sempre tivo, cando menos, un goberno do seu lado, o francés. Con independencia das siglas do partido gobernante a cultura francesa manifestou sempre a súa enorme autoestima e o amor polo propio e, por se alguén mantiña algunha dúbida, velaí as manifestacións da Ministra de Cultura de Francia facendo gala de toda a sinceridade posible nun político ou nunha política. Aurélie Flipetti e o seu gabinete non teñen medos nin complexos, como recolle o xornal El País, se é necesario, criticar ás grandes multinacionais e ás súas prácticas monopolísticas dentro da industria cultural.

Fonte: AGE

Foto: A ministra francesa de Cultura e Comunicación, Aurelie Filippetti. / BERTRAND LANGLOIS (AFP)