Entradas

Os Premios da Edición entregaranse en Pontevedra o 13 de marzo

A Asociación Galega de Editores entregará os Premios da Edición o próximo 13 de marzo no transcurso dun acto que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. O xurado dos premios, que decide entre os libros finalistas que resultaron da votación dos editores integrados na entidade, está composto polo libreiro, Cano Paz, de Librería Paz de Pontevedra; o expresidente da AGE, Alfonso G. Sanmartín; a bibliotecaria Pilar Fernández, directora da Biblioteca de Pontevedra; o ilustrador e debuxante Kiko da Silva; e o xornalista Ramón Rozas.  Colaboran coa organización do acto o Concello de Pontevedra, Gadisa e a Xunta de Galicia.

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil 

Os actos do día 13 comezarán ás 19 horas coa visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Ás 20 horas está previsto o comezo da entrega dos recoñecementos ao traballo editorial do ano 2014 e a homenaxe á editorial Galinova, que celebra o seu 25 aniversario. Está prevista a asistencia de diversas autoridades galegas e da cidade, así como de representantes da vida cultural galega.

Trinta e seis títulos 

Trinta e seis títulos editados no ano 2014 compiten en 7 categorías: libro de ficción, non ficción, poesía e teatro, ilustración, infantil e xuvenil, educativo e tradución. Cinco proxectos optan ao Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial do ano. Tres autores resultaron finalistas para o Premio Xosé Mª Álvarez Blazquez ao mellor autor-a do ano.

MARÍA BARBEITO. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de  Ana Romero finalista no PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN DO ANO 2014.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras e ilustracións de Antonio Seijas finalista do PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014.

A Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar e Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Carreiro finalistas do PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014.

Fonte: AGE

Varios libros de Baía finalistas dos Premios da Edición 2014

MARÍA BARBEITO. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de  Ana Romero finalista no PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN DO ANO 2014.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras e ilustracións de Antonio Seijas finalista do PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014.

A Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar e Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Carreiro finalistas do PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014.

Parabéns e sorte a todas as finalistas! Podedes consultar a listaxe completa no enlace da Asociación Galega de Editores.

Libros finalistas dos Premios da Edición 2013

A Asociación Galega de Editores convoca anualmente os Premios Ánxel Casal da Edición en galego, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

O pasado día 14 de febreiro tivo lugar o reconto e traslado do resultado correspondente aos libros editados en galego durante o ano 2013  e o 17 de febreiro foille comunicado ese resultado aos  editores e aos integrantes do xurado.

Do proceso resultaron finalistas: 

Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013:  Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello;  O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila;  O corazón de Branca de Neve, de  Francisco Castro, editados por Galaxia; O elefante branco de Xesús Fraga editado por Tambre e A Memoria da Choiva de Pedro Feijoo e Matarte lentamente de Diego Ameixeiras editados por Xerais.

Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013: Sobre Ruinas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos; Espiral de Sombras de Xabier Seoane, editado por Kalandraka e Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias, editado por Xerais.

Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013: Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, editado por Alvarellos; Corasons do Colectivo Corasons, editado por Kalandraka; Historia da Música en Galicia de Lorena López Cobas, editado por Ouvirmos e Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais de Antón Cortizas, editado por Xerais.

Premio Lois Tobío á Tradución 2013: Ulises, traducido por María Alonso, Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia; Un ianqui na corte do rei Artur, traducido por  Carlos Acevedo, editado por Kalandraka; Tonino, traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO; A arte da Guerra de Sun Zi, traducido por Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións; Eneida, traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos e Astérix e os pictos, traducido por  Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais.

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013: Nicomedes o Pelado ilustrado por David Pintor e Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editados por Kalandraka; Oliver Twist ilustrado por Daniela Volpari, editado por Baía.

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013:  As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo, e O galo Ernesto de Mon Daporta, editados por Baía; A Pantasma da Casa da Matanza de Miro Villar, editado por Biblos; Xogos Musicais de Luis Pregos e Marta Iglesias e Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio; O Carnaval dos animais de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho e Pan de Millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka; Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO; O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre; Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia e Un rato díxolle á Lúa de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.

Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo 2013: Historia dos bonobos con gafas de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka; Historia da literatura galega dos orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena Sánchez e Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.

Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013: Recursos educativos da Aula Virtual Baía da editorial Baía; Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Xerais; o Proxecto Corasons de Kalandraka e a serie de animación “Cocorico” de OQO.

Por último, na categoría ao Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013 resultaron finalistas Berta Dávila, Manuel Gago e Xosé Neira Vilas.

A entrega dos  Premios da Edición terá lugar no Liceo de Betanzos o próximo 21 de marzo.

Fonte: AGE

Entregados os Premios da Edición 2012

Fina Casalderrey recolleu  de mans de Tucho Calvo, de Biblos, o recoñecemento dos editores pola súa traxectoria como escritora. Morgana en Esmelle, editado por Galaxia, de  Begoña Camanho, foi o libro gañador na categoría de ficción. A imaxe da Noite da Edición foi unha fotografía coas luces que iluminan a noite do mar de Vigo, realizada distorsionando os  efectos desa luza na auga, realizada por Illa Bufarda.

Alfonso Zulueta de Haz recolleu o Premio outorgado polos editores á Fundación Penzol, entregado por Carlos del Pulgar, Director de Nova Galicia Edicións. Os editores de Edicións do Cumio, Editorial Toxosoutos e Teófilo Edicións, que  foron homenaxeados polo seu XXV aniversario, agradeceron o acto á entidade e lembraron a súa traxectoria ao longo destes anos. No transcurso do acto houbo varios momentos cargados de  contida emoción,  un deles  cando Cándido Meixide deu lectura a un texto escrito por Francisco Villegas, Director de Edicións do Cumio, no que repasaba a traxectoria da editora durante os seus vinte e cinco anos de vida. Outro deses momentos foi protagonizado por Manuel Torneiro, que acompañou a Paz Castro, de Kalandraka, a recoller o premio outorgado ao seu  poemario  Os ángulso da brasa. 

O Presidente da AGE fixo referencia ás enormes dificultades que está a vivir o sector e manifestou a vontade de que a entidade continue traballando para reforzarse e abordar colectivamente os retos para os próximos anos. O acto finalizou coa proxección dun vídeo de homenaxe dos editores a Francisco Fernández del Riego. O audiovisual foi  realizado por Illa Bufarda e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dende hai catro anos GADIS participa como firma colaboradora da Noite da Edición.

Oito anos de Premios da Edición

Os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Asistiron á Noite da Edición o Secretario Xeral de Cultura e o Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo.

O xurado dos Premios da Edición do ano 2012 estivo formado por Xaime Nogueira, Montse Pena Presas, Concha Costas, Paz Raña Lama e Laura Caaveiro.

PREMIADOS

Premio Ánxel Casal ó Libro de ficción 

Morgana en Esmelle, editado por Galaxia, de Begoña Caamaño

Premio Ánxel Casal ó libro de non ficción 

O rastro que deixamos, editado por Xerais, de Agustín Fernández Paz

Premio Ánxel Casal ó Libro de poesia ou teatro

Os ángulos da brasa, editado por Kalandraka Editora, de Manuel Torneiro.

Premio Isaac Díaz Pardo libro ilustrado

Cartas de inverno. Novela gráfica, editado por Xerais, ilustrado por Antonio Seixas.

Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil 

O corazón de Xúpiter, editado por Xerais, de Ledicia Costas.

Premio Lois Tobio o libro traducido

Alén das fronteiras: sete poetas vascos, editado por Kalandraka, traducido por Isaac Xuvin.

Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo

Peixes. Cociña Infantil. Editado por Ouvirmos, de varios autores.

Premio Xosé María Álvarez Blázquez 

Fina Casalderrey

Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial co que se pretende recoñecer o traballo editorial durante o ano 2012

OQO films

Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 

Fundación Penzol

Fonte: AGE

O CARBALLO, COMPENDIO DE HERBAS MÁXICAS e MIGUEL STROGOFF libros finalistas dos Premios da Edición 2012

O vindeiro 15 de Marzo a cidade de Vigo acollerá a VIII Noite da Edición 2012, que se celebrará no restaurante Mar de Vigo. Os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia.

As distincións, sen dotación económica, distribúense en dez categorías diferenciadas, que premiarán distintos aspectos da produción literaria.

Candidaturas propostas polos editores 

As candidaturas foron presentadas polos membros asociados da AGE, ata un máximo de tres por categoría, tralo que pasaron unha primeira fase de votación realizada polos socios, na que deberon votar a un máximo de dúas obras por categoría agás as obras editadas por eles.

Xurado

As obras finalistas están xa na fase do Xurado, composto por cinco profesionais do ámbito do libro e os medios. O fallo será dado a coñecer na mesma velada de entrega, o  15 de Marzo en Vigo.

FINALISTAS

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN DO ANO 2012

  • OUTONO AQUÍ, de Mario Regueira, editado por Sotelo Blanco.
  • MORGANA EN ESMELLE, de Begoña Caamaño, editado por Galaxia.
  • AS VOCES BAIXAS, de Manuel Rivas,  editado por Xerais.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO DO ANO 2012

  • RUÍDO DE FONDO, de Daniel Salgado, editado por Xerais.
  • TIGRES DE TERNURA, de Claudio R. Fer, editado por Toxosoutos.
  • O SILENCIO, de Mario Regueira, editado por Xerais.
  • BREIZH, de Miro Villa, editado por Toxosoutos.
  • OS ÁNGULOS DA BRASA, de Manuel Martínez Torneiro, editado por Kalandraka.
  • FRASE DE TREMA, de Lorena Souto, editado por Espiral Maior.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN DO ANO 2012

  • OS SEÑORES DA MENTIRA. Política e Cultura en Galicia, de José Carlos Bermejo Barrera, editado por Lóstrego.
  • HERDEIROS POLA FORZA, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, editado por 2.0 Editora.
  • COMPENDIO DE HERBAS MÁXICAS, de Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
  • O CARBALLO, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.
  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CORRECTAMENTE E CON FLUIDEZ, de Carlos Callón, editado por Xerais.
  • O RASTRO QUE DEIXAMOS, de Agustín Fernández Paz, de Xerais.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN DO ANO 2012

  • DIARIO DE INVERNO, de  traducido por  Eva Almazán , editado por  GALAXIA.
  • MIGUEL STROGOFF, traducido por Ánxela Gracián, editado por Baía Edicións.
  • ALÉN DA FRONTEIRA: SETE POETAS VASCOS,  traducido por  Isaac Xuvin, editado por Kalandraka Editora.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012

  • PAXARO DE MAR E VENTO,  ilustraso por  Xosé Cobas, editado por Biblos.
  • COMPENDIUM DE HERBAS MÁXICAS,  ilustrado por Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
  • ALMANAQUE MUSICAL,  ilustrado por  David Pintor, editado por Kalandraka Editora.
  • O  CARBALLO,  ilustrado por  Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.
  • OSO ATRAPABOLBORETAS, de Susanna Isern & Marjorie Pourche, editado por OQO Editora
  • VERDEDADES, ilustrado por  Xosé Tomás, editado por Biblos.
  • CARTAS DE INVERNO,  ilustrado por  Antonio Seixas, editado por Xerais.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012

  • PAXARO DE MAR E VENTO, de Tucho Calvo, editado por BIBLOS
  • O CORAZÓN DE XÚPITER, de Ledicia Costas, editado por Xerais.
  • A VERDADEIRA HISTORIA DA  MOSCA DA TELE, de María Solar, editado por Galaxia.
  • TITIRICIRCUS, de Miguel Borines, Tatán, Tanxarina, editado por Kalandraka Editora   CARRABUÑAS, de  CharlottePardi, e   editado por OQO Editora.
  • MARÍA FUMAÇA, de Uxía Senlle, editado por Galaxia.
  • A  PUNTA DE PISTOLA, de Fran Alonso, editado por Xerais.
  • CARTAS DE INVERNO,  de Agustín F. Paz,  editado por Xerais.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2012

  • PEIXES.COCIÑA INFANTIL, de varios, editado por Ouvirmos.
  • INVENTARIO ILUSTRADO DE ANIMAIS, de Virginie Aalakjidi, editado por Kalandraka.
  • ROSA CARAMELO, de Adela Turín, editado por Kalandraka.
  • O CARBALLO, de Carlos Silvar, editado por  Baía Edicións.      

 PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2012

COLECCIÓN XORNALISTAS, de  2.0 EDITORA;  OQO FILMES, de OQO Editora, GALAXIA TALES, de Editorial Galaxia; e John Balan, un yanqui en la Corte de Breogán, de Teófilo Edicións.

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA DO ANO 2012

Manuel Gago,  Xornalistas de Galicia (VVAA), Fina Casalderrey e  Marcos Calveiro.

Fonte: AGE