Artigos

Baía Edicións e o Grupo Illa da UDC presentan MODELOS DE LINGUA E COMPROMISO

Baía Edicións e o Grupo Illa da UDC presentan o libro Modelos de lingua e compromiso, de Xosé Manuel Sánchez Rei (editor), na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, Santiago de Compostela), o martes día 14 de abril ás 20:00 horas, en que intervirán, ademais do editor, Goretti Sanmartín (autora), Xosé Ramón Freixeiro (autor), María Xesús Costoia (Libraría Pedreira) e Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións).

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.

A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC  Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http:www.illa.udc.es).

O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha “lingua de calidade”, profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego.

Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar; dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua.

Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas:

  • “Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego”, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
  • “A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX”, de Xosé Manuel Sánchez Rei.
  • “Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século XX”, de  Laura Tato Fontaíña.
  • “Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas”, de Manuel Ferreiro.
  • “A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía”, de Goretti Sanmartín Rei.
Venta do libro electrónico AQUÍ.
Diario Cultural informa da presentación do libro na A.C. Alexandre Bóveda o 28 de xaneiro de 2015 AQUÍ.
Galicia Hoxe entrevista a Xosé Manuel Sánchez Rei AQUÍ.
Galicia Confidencial informa da presentación do libro na Libraría Pedreira o 14 de abril de 2015 AQUÍ.

Baía Edicións e Grupo Illa da UDC presenta “Modelos de lingua e compromiso” en A.C. Alexandre Bóveda

Baía Edicións e Grupo Illa da UDC realiza un acto de Presentación do libro “MODELOS DE LINGUA E COMPROMISO, de Xosé Manuel Sánchez Rei (ed.) o mércores día 28 de xaneiro ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda, en que intervirán Xosé Manuel Sánchez Rei e Xosé Ramón Freixeiro Mato. Estades tod@s convidad@s!

Título: Modelos de lingua e compromiso

Coordinador: Xosé Manuel Sánchez Rei (ed.)

Páxinas: 211

Xénero: Ensaio sociolingüístico

PVP (IVE incluído) en papel: 9,90 €. PVP (IVE incluído) en dixital: 6,50 €


Sinopse:

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.

A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC  Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http://illa.udc.gal).

O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha “lingua de calidade”, profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego.

Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar; dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua.

Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas:

          –   “Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego”, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

          –  “A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX”, de Xosé Manuel Sánchez Rei.

          –  “Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século XX”, de  Laura Tato Fontaíña.

          –  “Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas”, de Manuel Ferreiro.

          –   “A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía”, de Goretti Sanmartín Rei.

FEIRA DA SUSTENTABILIDADE NA UDC

Aproveitando a chegada do Nadal, o 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, coa fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsábel.

Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais.

Un membro do Proxecto Fiare nos explicará en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate.

E por último, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.

Programa da Feira:

– 11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
– 11:15 h Inauguración da III Feira de Nada
– 11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Aula O.5
– 12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
– 17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais, en horario continuado levaranse a cabo:

– Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
– Mercadiño de Troco. 1º Andar

19:00 h Peche da Feira