Artigos

Belén López, directora de Baía Edicións, fala da colección de CONTOS DA IGUALDADE no programa A Revista

Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións, analiza a Educación en Valores a través dos títulos da colección CONTOS DA IGUALDADE. Con esta colección Baía pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Os títulos da colección son os seguintes:

UN DÍA DE TREBOADA. Autora: María de Mata. Ilustradora: Mariana Riestra.

XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!. Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Noemí López.

ALFOMBRIÑA. Autora e ilustradora: Cristina Ferreirós.

O MENIÑO NITO. Entón, os homes choran ou non?. Autora: Sonia Rosa. Ilustradora: Macus Romero.

NERA, A FERREIRA. Autora: Imelda Barrio Santamaría. Ilustrador: Andrés Meixide.

A editora Belén López fala da colección CONTOS DA IGUALDADE no programa A REVISTA da televisión galega. O día 23 de marzo de 2015 a partir do minuto 15:30. Para visualizalo clica AQUÍ.

 

Baía Edicións presenta con Federico Mayor Zaragoza o Proxecto de Valores Éticos

O mércores 4 de febreiro, ás 09:30 h., no Hotel Finisterre da Coruña, tivo lugar rolda de prensa presentada por Manuel Rodríguez e na que Federico Mayor Zaragoza apoiará o Proxecto de Valores Éticos, libros de texto para a ESO da nova materia do mesmo nome que se está a implantar coa LOMCE, entendida como materia a cursar para quen non opte pola de Relixión; non é, polo tanto, unha materia de carácter universal, malia a súa importancia na formación de persoas responsables como cidadás practicantes da cultura democrática e da paz.

Os textos están elaborados por profesoras e profesores que forman parte do Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP), coordinados polo seu presidente Manuel Dios Diz e polo profesor e membro tamén do Seminario, Moisés Lozano Paz. O Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP) é unha  entidade que leva traballando pola Cultura da Paz desde hai 30 anos, con recursos e actividades pensados para aprender a resolver conflitos pacificamente, por medio da palabra, co diálogo, «da man tendida fronte á man alzada» como diría o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex director xeral da UNESCO e, na actualidade, presidente da Fundación Cultura de Paz, á que está adherida o Seminario.

Os textos están orientados de forma inequívoca cara á paz e á colaboración e para a edición de libros de textos en galego e pensados desde Galiza, que apostan por un mundo máis xusto e humano.

Participarán no acto xunto co profesor Federico Mayor Zaragoza, os coordinadores do proxecto, Manuel Dios Diz e Moisés Lozano Paz e Belén López Vázquez (Baía Edicións).

Baía Edicións e Rinoceronte Editora presentan con Federico Mayor Zaragoza o Proxecto de Valores Éticos

O mércores 4 de febreiro, ás 09:30 h., no Hotel Finisterre da Coruña, terá lugar a rolda de prensa presentada por Manuel Rodríguez e na que Federico Mayor Zaragoza apoiará o Proxecto de Valores Éticos, libros de texto para a ESO da nova materia do mesmo nome que se está a implantar coa LOMCE, entendida como materia a cursar para quen non opte pola de Relixión; non é, polo tanto, unha materia de carácter universal, malia a súa importancia na formación de persoas responsables como cidadás practicantes da cultura democrática e da paz.

Os textos están elaborados por profesoras e profesores que forman parte do Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP), coordinados polo seu presidente Manuel Dios Diz e polo profesor e membro tamén do Seminario, Moisés Lozano Paz. O Seminario Galego de Educación Para a Paz (SGEP) é unha  entidade que leva traballando pola Cultura da Paz desde hai 30 anos, con recursos e actividades pensados para aprender a resolver conflitos pacificamente, por medio da palabra, co diálogo, “da man tendida fronte á man alzada” como diría o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex director xeral da UNESCO e, na actualidade, presidente da Fundación Cultura de Paz, á que está adherida o Seminario.

Os textos, orientados de forma inequívoca cara á paz e á colaboración, supoñen tamén o nacemento dunha alianza colaborativa entre dúas editoras galegas, Baía Edicións e Rinoceronte Editora, para a edición de libros de textos en galego e pensados desde Galiza, que apostan por un mundo máis xusto e humano.

Participarán no acto xunto co profesor Federico Mayor Zaragoza, os coordinadores do proxecto, Manuel Dios Diz e Moisés Lozano Paz, e os editores Moisés Barcia (Rinoceronte Editora) e Belén López Vázquez (Baía Edicións).