Máis vistas

As mulleres nas Matemáticas

REF.:978-84-96893-98-6
15,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria.

Información adicional

Ano 2008
Nº de páxinas 112
ISBN 978-84-96893-98-6
Autoría Ríos Fachal, Matilde
Ilustración Silvar, Calros

Detalles

Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria. Nestes tempos nos que hai que falar de igualdade e transversalidade nas aulas, pode ser unha boa maneira de dar a coñecer a algunhas mulleres que fixeron e aplicaron Matemáticas, pero que, polo xeral, están ausentes nos libros de texto.

As mulleres que aparecen neste manual non son as únicas que se dedicaron ás Matemáticas, pódense elixir outras, pero todas as que aparecen teñen méritos sobrados para estar nel. En calquera caso, estas e as que non están teñen un factor común: por seren mulleres tiveron que romper barreiras para dedicarse á súa paixón. De seguro que outras moitas permanecen esquecidas porque esas mesmas barreiras puideron con elas.

A día de hoxe esa tendencia a silenciarnos semella ir mudando, non só na Ciencia, pero aínda así, parece que hai un "teito de cristal" que, por non verse, é moi difícil romper, e que, por exemplo, fai que en Galicia o 65 % dos estudantes universitarios sexan mulleres, pero entre o profesorado universitario esta cifra redúcese ao 44 %, e as catedráticas representan case un 14 % deste colectivo. E isto mesmo pode trasladarse, con poucas variacións, a calquera empresa, se falamos de Consellos de Dirección ou outros cargos directivos, no que chamamos o Primeiro Mundo, porque se falamos de países non desenvolvidos, os dereitos redúcense en moitos casos a ningún. Esperemos que estas mulleres e as súas historias lles sirvan ás xeracións futuras de exemplo e poidamos todas e todos defender os intereses propios en igualdade de condicións.