Máis vistas

Manuel Lugrís Freire. A fe na causa

REF.:978-84-96526-36-5
12,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O ensaio de Xosé Manuel Fernández Costas destaca a figura de Manuel Lugrís Freire como precursor en moitos aspectos: foi o primeiro que fixo unha peza de teatro galego en prosa, como autor dramático xogou un papel clave na creación dun teatro nacional galego...

Información adicional

Ano 2008
Nº de páxinas 128
ISBN 978-84-96526-36-5
Autoría Fernández Costas, Xosé Manuel. Prefacio de Lugrís Rodríguez, Manuel (neto do homenaxeado)

Detalles

O 1 de xullo de 2005 o plenario da Real Academia Galega, facendo coincidir a celebración do centenario da súa fundación, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2006 ao sadense Manuel Lugrís Freire, pola súa contribución en defensa do idioma galego. Esta institución salientou del a súa traxectoria vital de total entrega á dignificación e á normalización da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia, como o demostra a súa participación na creación de moi diversas entidades políticas e culturais. O ensaio de Xosé Manuel Fernández Costas destaca a súa figura como precursor en moitos aspectos: foi o primeiro que fixo unha peza de teatro galego en prosa, como autor dramático xogou un papel clave na creación dun teatro nacional galego, foi o primeiro tamén en empregar o galego en actos públicos, participou na creación de organizacións políticas e sociais que o levaron a colaborar na redacción do Estatuto e ser elixido presidente da Real Academia Galega, entre outros feitos vitais destacados.