Novo

Máis vistas

Fábula galénica

REF.:978-84-92630-93-6
9,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Fábula galénica, onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome.

 

Información adicional

Ano 2011
Nº de páxinas 60
ISBN 978-84-92630-93-6
Autoría Vilariño Sanmartín, Inácio
Ilustración Villán, Óscar

Detalles

Obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2010, modalidade infantil)
 
Fábula galénica, onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome.
 
En Fábula galénica salienta de xeito especial o feito de que a acción dramática se desenvolva nunha estrutura con marco orixinal, que permite múltiples posibilidades á hora de concretarse escenicamente. A obra transcorre nunha variedade de espazos que se relacionan de xeito dinámico e a sinxeleza da súa historia mobiliza unha ampla variedade de personaxes que, malia estaren maiormente inspirados no mundo das fábulas tradicionais, resultan ben actuais. Destaca, ao tempo, a frescura e axilidade dos diálogos.
 
Obra escrita por Inacio Vilariño e ilustrada por Óscar Villán.