Clásicos adaptados (6-10 anos)

  1. Novo Pinoquio

    Pinoquio

    13,50€

    Tan pronto como o boneco articulado, de nome Pinoquio, acode a ocupar o seu pupitre da escola, dous tunantes disuádeno do seu obxectivo. Pinoquio déixase entón levar lonxe da súa casa e do seu pai.

    Máis información
  2. Novo Peter Pan

    Peter Pan

    13,50€

    Cada noite, eles voan en soños ao país de Nunca Xamais. Nesta illa marabillosa, poboada de piratas, indios e sereas, vive un neno chamado Peter Pan. Revoltoso e intrépido, é tamén o capitán dos nenos perdidos.

    Máis información
  3. Novo As viaxes fantásticas de Jules Verne

    As viaxes fantásticas de Jules Verne

    24,96€

    A través destas cinco historias rocambolescas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse á Lúa nun foguete, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana...

    Máis información
  4. Novo Oliver Twist

    Oliver Twist

    13,50€

    Oliver Twist, un orfo de 9 anos, logo de sufrir no orfanato a explotación, a fame e o medo, marcha a traballar como aprendiz para un enterrador. Maltratado tamén na funeraria, decide escapar e camiñar moitas millas para chegar a Londres. Unha vez na capital, Oliver coñece un carteirista da súa mesma idade que  traballa para Fagin, un home sen escrúpulos que se fai cargo del, utilizándoo para os seus roubos.

    Na nosa colección de Grandes personaxes, reais ou imaxinarios.

    Máis información
  5. Novo O mago de Oz

    O mago de Oz

    15,00€

    Durante un violento tornado, Dorothy e mais o seu can Totó son levados polos aires e aterran no país de Oz. Para volver á súa casa, a neniña debe encamiñarse cara á Cidade Esmeralda, onde atopará o famoso mago de Oz, a única persoa que a pode axudar. Seguindo o camiño de lousas amarelas, Dorothy vai coñecer os curiosos habitantes do país de Oz...

    Máis información
  6. Novo Drácula

    Drácula

    15,00€

    O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes estraños, Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...

    Máis información