Máis vistas

As estrelas de cores

REF.:978-84-9995-131-7
6,50€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas de cores arredor de cada un de nós.

Información adicional

Ano 2014
Nº de páxinas 32
ISBN 978-84-9995-131-7
Autoría Canals, Mireia
Ilustración Aguilar, Sandra

Detalles

Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas de cores arredor de cada un de nós.

Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da túa educación ensínanche a comer ben, coidar o teu corpo, ler, escribir e moitas outras cousas. Pero ás veces están tan preocupados porque aprendas tanto e teñas boas notas que lles esquece aprenderche como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade (ou non é certo que es máis feliz cando estás con ese amigo ou esa amiga coa que falas dos problemas que tedes en vez de rifar?).

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas(decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir "quérote", "estou triste" ou "síntoo"); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

Ao final do conto encontrarás unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.