Meiga Moira (a partir de 8 anos)

  1. Novo Lóbez

    Lóbez

    10,00€

    De Lóbez dixeron: Por fin alguén escribe unha historia que se axusta ao que realmente ocorreu. (Leirón careto que conversa con Lóbez no capítulo 7)

    Máis información
  2. Novo Moko

    Moko

    10,00€

    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono...

    Máis información
  3. Novo Os globos de andar

    Os globos de andar

    10,00€

    Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas.

    Máis información
  4. Novo Bruno e O Manto de Estrelas

    Bruno e O Manto de Estrelas

    10,00€

    Como cada vez que a avoa queda na casa, Bruno ten que durmir na habitación do faiado, pero non lle importa. Ademais, ese día fora o seu aniversaro e recibira de familiares e do seu amigo Dimitar un libro cun título moi atractivo: O Manto de Estrelas.

    Máis información
  5. Novo O tempo do revés

    O tempo do revés

    10,00€

    "Ana, estás aí? Son Aldara, a nena galega. Estás aí, Ana?" Aldara fixo unha amiga na Arxentina pola internet e quedou con ela para chatear ao día seguinte ás sete da tarde. Ana non apareceu.

    Máis información
  6. Novo Boa Sorte

    Boa Sorte

    10,00€

    "Boa Sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu".

    Máis información
  7. Novo Catro pedras vellas

    Catro pedras vellas

    10,00€
    Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla de defensa que, cando foi levantada séculos atrás, era alta e maciza. Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e Ana a unha excursión ata aquelas ruínas. Quere que lle boten unha man para resolver un enigma. Nun par de ocasións que visitara aquel castro, antes de chegar, parecéralle ver xente movéndose entre as pedras. Xente que desaparecía de súpeto, como se intuíran cando se achegaba alguén. Máis información