Novo

Máis vistas

Os globos de andar

REF.:978-84-96893-87-0
10,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas.

Información adicional

Ano 2008
Nº de páxinas 96
ISBN 978-84-96893-87-0
Autoría López Rodríguez, Xavier
Ilustración Calo, Marcos

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO 

Venda do libro electrónico AQUÍ.

A partir de 8 anos

Outra cidade. Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo deu con amigos cos que estar. E un misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen contar a un avó que esixía que lle contasen contos. Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas, están presentes na obra de forma non forzada, sensible e, fundamentalmente, natural. A historia é reforzada coa utilización dunha linguaxe sinxela, accesible e fluída, coa que se consegue non só afondar na tenrura do relato, senón tamén propiciar unha lectura fácil e directa para o público ao que vai dirixida.

Galería de imaxes: Os globos de andar.

Noticias de interese: La Voz de Galicia.

Gañadora do 3º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Meiga Moira" (2008)