Novo

Máis vistas

O ogro

REF.:978-84-92630-71-4
6,50€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Trasladarse a unha nova cova pode ser un problema se o ogro Comenenos non encontra máis cativos que devorar... Pero quizais un cambio de dieta podería resolvelo todo.

Información adicional

Ano 2010
Nº de páxinas 32
ISBN 978-84-92630-71-4
Autoría Lluch, Enric
Ilustración Varela, Cecilia

Detalles

Colección O Baúl dos Monstros
 
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch.
Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo.
A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos.
Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión.
Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor.
 
Características físicas e xerais:
ISBN: 978-84-96526-91-4
Tamaño: 17 x 22,5 cm
Páxinas: 32 ilustradas as toda cor
Capa: cartolina 4/0 tintas
Encadernación: rústica, cosida con fío vexetal
Idade: primeiros lectores (aproximadamente a partir de 6 anos)
PVP Colección 10 títulos: 57,69€ (60,00€ con IVE)