Máis vistas

Violeta tamurana

REF.:978-84-92630-85-1
13,20€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Novela gañadora do IV Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (2010). As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta.

Información adicional

Ano 2010
Nº de páxinas 224
ISBN 978-84-92630-85-1
Autoría Maceiras Lafuente, Andrea
Ilustración Chao Blanco, Rodrigo

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

1ª reimpresión: Xaneiro 2012

As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou. 

Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

Presentación de Marica Campo sobre Violeta tamurana

Caderno da crítica sobre a obra, Blog de Ramón Nicolás

Venda do libro electrónico AQUÍ.