Personaxes reais ou imaxinarios

  1. Novo Cleopatra. Raíña do Nilo

    Cleopatra. Raíña do Nilo

    13,50€

    Desde o seu ascenso ao trono até a súa tráxica morte, Cleopatra levou unha vida excepcional, polo que aínda hoxe estamos cativados polo seu encanto, intelixencia e valentía.

    Na nosa colección de Grandes personaxes, reais ou imaxinarios.

    Máis información
  2. Novo O mundo máxico de Tolkien

    O mundo máxico de Tolkien

    15,00€

    Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabuloso, habitado por criaturas a cada cal máis abraiante. Achégate á Terra do Medio, un país extenso cheo de marabillas e de estrañas historias extraídas do maxín do excepcional narrador inglés J.R.R. Tolkien.

    Máis información
  3. Novo Sanatoria. Historia dos nenos raros

    Sanatoria. Historia dos nenos raros

    17,70€

    Francesc Grimalt, no prólogo da súa obra e a xeito de conclusión, dinos: "Só un neno eterno podería introducirse sen levantar sospeitas en todos os cárceres de nenos raros para os liberar e estender a loucura até o último recuncho deste enfermo mundo de cordos".

    Máis información
  4. Novo Charles Darwin

    Charles Darwin

    19,95€

    En 2009, se celebra el II Centenario del nacimiento de Charles Darwin. Con tal motivo, publicamos esta original obra, en la que el grumete del Beagle nos cuenta, en primera persona, las circunstancias y peripecias de una travesía histórica.

    Máis información
  5. Novo Leonardo da Vinci

    Leonardo da Vinci

    19,95€

    Con só dez anos, Paulo convértese en aprendiz de Leonardo da Vinci, o gran pintor e inventor. O diario de Paulo mostra o punto de vista dun neno sobre un tempo e un lugar fascinantes, ademais de penetrar na mente dun dos maiores xenios do mundo.

    Máis información
  6. Novo Miguel Strogoff

    Miguel Strogoff

    19,00€

    Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.

    Máis información
  7. Novo Os Tres Mosqueteiros

    Os Tres Mosqueteiros

    15,00€
    Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida. Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. O relato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascón D'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo do Rei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos, Aramis e Porthos. Os catro protagonistas, actuando baixo o lema “Un para todos e todos para un”, enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardeal de Richelieu para controlar a Corte e Francia. Máis información