Conto x conto

  1. Novo A burra Ramona

    A burra Ramona

    10,00€

    A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.

    Máis información
  2. Novo Caramulo e a carpinteira dos soños

    Caramulo e a carpinteira dos soños

    8,46€

    Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto.

    Máis información
  3. Novo A xacia Luviñas

    A xacia Luviñas

    8,46€

    A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas nos labores diarios no río Miño.

    A xacia Luviñas en Trafegando Ronseis.

    Máis información
  4. Novo O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

    9,45€
    Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor. Máis información
  5. Novo Nube Branca quere ser astronauta

    Nube Branca quere ser astronauta

    10,90€

    Nube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. Conseguirá, por fin, ser astronauta? O especial tratamento da historia está concibido para a estimulación da linguaxe oral na educación infantil.

    Entrevista a Pablo Nogueira na Voz de Galicia.

    Máis información
  6. Novo Gatipedro

    Gatipedro

    10,90€

    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas.

    Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

    Se coñeces o imaxinario popular galego, saberás que lle fixo isto.

    Máis información
  7. Novo Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)

    11,00€

    Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

    Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

    Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

     

    Máis información