Xiz de cor (a partir de 3 anos)

  1. A avoa do nobelo branco

    12,00€

    Ás veces, as historias que contan as avoíñas de nobelo branco ás súas netas, poden abrir os ollos a un mundo marabilloso e ser o nexo da unión dunha relación profunda.

    Máis información
  2. Hércules e Xerión

    10,00€

    Recreación libre da lenda tradicional que narra a estadía de Hércules na Galiza, o seu enfrontamento con Xerión e a construción dunha Torre que servise de recordo da súa vitoria e alumase as viaxes dos navegantes.

    Máis información
  3. Alba de Vilalba

    10,00€

    Divertida interpretación do nacemento da vila e da tradición popular do famoso capón de Vilalba, que se aproxima aos mellores exemplos dos relatos e lendas da nosa literatura oral.

    Máis información
  4. Unha de lobos

    10,00€

    Melancólica historia recollida dun conto tradicional na que o lobo conta as desventuras e penas sufridas na súa aproximación ao mundo dos seres humanos.

    Máis información
  5. O conto dos silencios

    10,00€

    Amosa as vivencias de Luv, un neno xordo que vive algo marxinado na cidade da música, á que proporcionará algo moi importante e que os seus habitantes non tiñan en consideración.

    Máis información
  6. É rara Makeke?

    10,00€

    Relato no que unha formiga chamada Makeke vive feliz coas súas compañeiras no deserto, pero un día de treboada é transportada a un lugar moi afastado onde sofre a discriminación e o desprezo dos seus habitantes.

    Máis información
  7. O ladrón de paxaros

    10,00€

    Relato que conta as aventuras que vive e os perigos que ten que superar Martín e a súa almofada voadora para liberar todos os paxaros que viven colgados das súas gaiolas nas terrazas dos edificios da súa cidade.

    Máis información
  8. María é maior

    12,00€

    María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere porque se pode magoar ainda que como xa é maior... pode aprender a facer moitas outras cousas.

    Máis información
  9. Tartaruga

    10,00€

    Tartaruga proponos a súa filosofía de vida fronte a velocidade da sociedade industrializada (deshumanizada) actual.

    Máis información
  10. Farrapos de nube

    10,00€

    Libro de poemas nos que o autor nos aproxima á natureza e fai un chamado a practicar os auténticos valores humanos.

    Máis información