Máis vistas

Sanatoria. Historia dos nenos raros

REF.:978-84-9995-138-6
17,70€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Francesc Grimalt, no prólogo da súa obra e a xeito de conclusión, dinos: "Só un neno eterno podería introducirse sen levantar sospeitas en todos os cárceres de nenos raros para os liberar e estender a loucura até o último recuncho deste enfermo mundo de cordos".

Información adicional

Ano 2014
Nº de páxinas 60
ISBN 978-84-9995-138-6
Autoría Grimalt, Francesc
Ilustración Grimalt, Francesc

Detalles

Este é un libro para nenos raros e sobre nenos raros. Se non es raro parecerache unha parvada e se non es neno quizais deberías ir ao médico. Os personaxes que aquí van aparecer, así como as súas vidas e todos os detalles sobre os seus costumes, rexoubas e indumentaria foron expostos coa máis rigorosa fidelidade e, para que vos fagades unha idea abondo aproximada do aspecto destes seres e lugares, incluín algúns estudos a lapis, realizados, por suposto, do natural.

Pero empecemos polo principio. Todo este asunto rematou cando os oito fuxiron do sanatorio psiquiátrico durante unha fría noite de inverno. Falo, evidentemente, dos oito protagonistas desta historia, cuxos nomes son: Teo, Pés Mollados, Brais, o Xefe, Constanza, Orlando, Iván e Hugo.

Visita o BLOG DE SANATORIA e mantente informad@ sobre as súas personaxes, o centro onde viven etc.

Máis información: