Novo

Máis vistas

Papiroflexia. Animais de papel

REF.:978-84-92630-17-2
13,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións.

Información adicional

Ano 2009
Nº de páxinas 56
ISBN 978-84-92630-17-2
Autoría Palacios, Vicente

Detalles

Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras.

As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías.

Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade.

Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións.

"Cultivada esta arte durante unha sobremesa, mentres se pensa en tantas cousas vagas...! é algo inefable", escribiu Don Ramón Gómez de la Serna.

Desde entón, a afección estivo en continuo avance, seica máis que calquera outra, ao ir en aumento o número de entusiastas cultivadores.

As figuras de animais, cando resutan logradas como vemos neste libro, alcanzan un éxito seguro. Falta só que o habilidoso lector as pregue con esmero, atopando para cada paso o papel que considere máis adecuado, e que trate de superalas se se ve con arrestos suficientes.