Información Legal

 

Aviso Legal Xeral

1. Datos identificativos

A empresa titular de www.baiaedicions.net é BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL, con domicilio social na Coruña (15190), Polígono de Pocomaco – 2ª Avenida – A2/52, con teléfono de contacto: (+34) 981 174 296, con CIF núm.: B-15635246, e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 2099, folio 111, Folla C-21050, Inscrición 1ª e coa dirección de correo electrónico: comercial@baiaedicions.gal.

2. Propiedade intelectual da web

Todos os dereitos de propiedade intelectual do contido desta páxina web, o seu deseño gráfico e os seus códigos fonte, son titularidade exclusiva de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL, correspondéndonos o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos. Xa que logo queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, total ou parcial, sen a autorización expresa de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL. Igualmente, todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos neste web site están protexidos por lei.

3. Contido da web e enlaces

En BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL non nos responsabilizamos do mal uso que se realice dos contidos da nosa páxina web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que accede a eles ou os utiliza. Tampouco asumimos ningunha responsabilidade pola información contida nas páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por enlaces ou buscadores desde a páxina web baiaedicions.net.

4. Intercambio ou difusión de información

BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL declina toda responsabilidade que se derive do intercambio de información entre usuarios a través da súa páxina web. Especialmente non nos facemos responsábeis do uso que os menores poidan facer da mesma no caso de que os contidos a que se acceda poidan ferir a sensibilidade dos mesmos.

5. Actualización e modificación da páxina web

BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida na súa web site, e a configuración ou presentación do mesmo, en calquera momento, sen previo aviso, e sen asumir responsabilidade ningunha por iso.

6. Indicacións sobre aspectos técnicos

En BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL non asumimos ningunha responsabilidade que se poida derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos, non imputábeis á nosa Sociedade, que se produzan durante a conexión á rede daq Internet , así como de danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL. Tamén quedamos exonerados de toda responsabilidade ante posíbeis danos ou perdas que poida sufrir o usuario a consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que facilitemos cando precise de fontes alleas a nós.

7. Tratamento de datos do usuario

En cumprimento do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL, informa aos seus clientes de que cantos datos persoais lle faciliten serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL. A finalidade de devandito ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e enviar ofertas comerciais no futuro sobre produtos e servizos que poidan resultar de interese aos nosos clientes. BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL garante a seguridade e confidencialidade dos datos facilitados. Deste xeito, comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado. Polo tanto, toda a información sobre os nosos clientes non será utilizada con propósitos comerciais nin será cedida a terceiros. Os clientes de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por escrito á nosa dirección de correo electrónico pulsando aquí.

8. Seguridade nos accesos

O acceso ás páxinas a través das que o cliente de BAÍA EDICIÓNS, A CORUÑA SL consulte datos persoais, solicite información complementaria ou contrate algún dos produtos que ofertamos realízase a través de liña segura.

9. Lexislación e xurisdición aplicábeis

Con carácter xeral, as relacións cos nosos clientes, que se deriven da prestación dos servizos contidos na nosa web, están sometidas á lexislación e a xurisdición españolas. Os usuarios da nosa web son conscientes de todo o exposto e acéptano voluntariamente. Se queres facer algún comentario ou suxestión, podes utilizar o noso e-mail de consulta.