Novo

Máis vistas

Plano de acollida

REF.:978-84-96526-25-9
6,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Este libro achega a experiencia concreta dun grupo de traballadoras do ensino, que se viron ante o reto e necesidade de facer un traballo para o que non foran preparadas.

Información adicional

Ano 2007
Nº de páxinas 64
ISBN 978-84-96526-25-9
Autoría Peña Díaz, Rosa; Suárez González-Vallés, Mª Eugenia e Vilariño Vázquez, Isabel (coordinadora)

Detalles

Materiais prácticos de coeducación en Educación primaria

O Plano de Acollida é o conxunto organizado de accións encamiñadas a conseguir a escolarización e integración do alumnado inmigrante que acode por primeira vez a un centro educativo e, como toda actuación escolar, debe recollerse nun documento, que por extensión chamaremos Plano de Acollida. Nel inclúense actuacións referidas tanto ás alumnas e alumnos, como ás nais e pais, titoras e titores, e a comunidade educativa en xeral.

Todo o que se propón neste libro, deberá quedar debidamente reflectido nos documentos correspondentes do centro. Por iso, xa actualmente, o proxecto das autoras está incluído na Programación Xeral Anual, no Plano de Orientación, no Proxecto Educativo de Centros (PEC) e Proxecto Curricular de Centros (PCC), polo que todos os documentos e traballos elaborados foron divulgados e compartidos co resto do claustro a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Este libro non pretende ser un tratado didáctico sobre a acollida de alumnado estranxeiro nos centros galegos, só achega a experiencia concreta dun grupo de traballadoras do ensino, que se viron ante o reto e necesidade de facer un traballo para o que non foran preparadas.

Neste libro preséntase o Plano de Acollida dun centro, que expoñen en diversos apartados, para facilitar a comprensión.