Máis vistas

Marcha fúnebre para un monicreque

REF.:978-84-9995-220-8
5,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.

Información adicional

Ano 2017
Nº de páxinas 40
ISBN 978-84-9995-220-8
Autoría Vidal Ponte, Roi
Ilustración Silvar, Calros

Detalles

Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade adultos (AGADIC). Co-edición con AGADIC.

Apuntamentos do autor: Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.

Valoración do xurado: Marcha fúnebre para un monicreque é unha peza deliciosa que, partindo dunha anécdota histórica operística, indaga con ironía na relación entre o escénico e o extraescénico. Con vontade desmitificadora, procura unha homenaxe aos oficios técnicos das artes escénicas, e observa o rol do espectador de xeito provocador e irreverente. A obra contempla un tratamento interesante dun dispositivo escénico móbil que marca o ritmo e a estrutura da obra, elaborando así un xogo que converte o propio teatro en obxecto de xeito que amplía así os elementos significativos dunha obra para monicreques na que a manipulación dos personaxes fai parte do seu carácter.