Novo

Máis vistas

Guía dos microorganismos das augas continentais

REF.:978-84-92630-59-2
15,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

Información adicional

Ano 2010
Nº de páxinas 360
ISBN 978-84-92630-59-2
Autoría Pérez Valcárcel, Carlos

Detalles

Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes.

O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos.

Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro. A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos.

Entrevista en La Voz de Galicia