Novo

Máis vistas

O falar das fadas. Lingua, música e toponimia da Galiza

REF.:978-84-9995-209-3
16,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880) podía servir para tamén intitular a presente escolla...

Información adicional

Ano 2016
Nº de páxinas 216
ISBN 978-84-9995-209-3
Reimóndez, María Sánchez Rei, Xosé Manuel

Detalles

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista, dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].

O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880) podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos, os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as montañas, os ríos, os penedos, as fontes, os lugares, os camiños e os vales, cando se fan lingua entre nós mediante a toponimia e cando se comunican coas fadas, tamén se exprimen en galego. Aí é onde aparece, pois, o verdadeiro falar das fadas, capaz de vincular a lingua, a música e a paisaxe transformada en millenta nomes.