Novo

Máis vistas

Os Tres Mosqueteiros

REF.:978-84-9995-226-0
15,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida.

Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. O relato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascón D'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo do Rei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos, Aramis e Porthos.

Os catro protagonistas, actuando baixo o lema “Un para todos e todos para un”, enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardeal de Richelieu para controlar a Corte e Francia.

Información adicional

Ano 2017
Nº de páxinas 48
ISBN 978-84-9995-226-0
Autoría Reimóndez, María
Ilustración André, Camille

Detalles

A historia conta as aventuras de d'Artagnan e os seus novos amigos, os tres mosqueteiros. Ao tempo que protexen a Raíña das intrigas palaciegas do Cardeal, os catro amigos toman conciencia da importantcia da fidelidade e amizade.