Patrimonio

  1. Historia da Lingua Galega. Do latín ao acento de Burgos

    11,45€

    Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura.

    Venda do libro electrónico AQUÍ.

    Máis información
  2. Peixes e mariscos

    15,90€

    100 receitas con base na cociña do mar que se elabora nun país atlántico como Galicia, onde, talvez como en ningún outro, a gastronomía, ademais dun trazo cultural identificador innegable, é vivida como unha festa colectiva permanente tanto no ámbito familiar como no social.

    Máis información
  3. Santiago (é) tapas

    2,50€

    Santiago conta cunha ampla e diversa oferta gastronómica baseada nos mellores produtos galegos e na que se combinan a cociña tradicional e a nova cociña. Santiago (é) tapas, o concurso de tapas da cidade, é a oportunidade perfecta para descubrir a calidade da gastronomía da cidade, xa que permite coñecer en pequenas doses o abano de posibilidades que ofrece Compostela aos amantes do bo comer.

    Máis información
  4. Ensaladas. A frescura da terra

    15,90€

    Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade.

    Máis información
  5. Sopas frías e quentes

    15,90€

    As sopas son unha boa achega á dieta desde o punto de vista nutritivo. O feito de combinar diferentes produtos fai que se mesturen tamén diversas substancias interesantes na alimentación. As máis recomendables son as máis sinxelas, aquelas que inclúen pan, arroz, legumes, fideos ou pataca xunto con verduras. Estes elementos conteñen fibra, moitas proteínas, hidratos de carbono, no caldo que soltan hai numerosos minerais e, o que é máis importante, a ausencia de graxa animal. As sopas condimentadas con cárnicos ou base de caldo, en cambio, achegan máis cantidade de graxa no prato.

    Máis información
  6. Marmeladas caseiras

    14,90€

    Reimpresión verán 2014. Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse.

    Máis información
  7. Os cogomelos na cociña e outras cousas

    12,00€

    Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras.

    Máis información
  8. Cogomelos. A cociña do bosque

    15,90€

    Este libro ofrécenos un repertorio de 104 pratos elaborados con cogomelos de todo tipo. Un abano de sabores e aromas de bosques outonais e prados de primavera. Atoparemos desde pastas, arroces, ensaladas, cocas, pasteis salgados até ovos, carne  e mesmo peixes e mariscos. Como todas as propostas de Mariona que xa coñecemos, receitas fáciles de facermos na casa, con base clásica e toques de actualidade.dgf

    Máis información
  9. Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior

    10,00€

    Esta guía responde ao espírito da maneira de viaxar de Marco Polo, dos ilustrados... na que a viaxe se concibe como unha experiencia vital.

    Máis información
  10. Aperitivos e tapas

    15,90€

    103 receitas de aperitivos en copa, con pan e pastas e de tapas fan un percorrido pola tradición e a modernidade da cociña galega, que sempre destacou pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, que son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para quen visita o país.

    Máis información