Galicia: Terra, mar e xentes

  1. Ao pé do xigante

    10,00€

    A Coruña, luz e vento, unha pedra chantada no Atlántico. E a Torre, ese xigante, entre as Mariñas e a Costa da Morte, facho acendido para abrir camiños no Océano, ou -o que é o mesmo- para abrir camiños entre todos os misterios.

    Máis información
  2. Milagre da terra

    10,00€

    Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

    Máis información
  3. Terra e Nostalxia

    10,00€

    Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida.

    Máis información
  4. Ananiños do bosque

    10,00€

    O mundo dos cogomelos é un capricho natural. Admirando as fotos da taiwanesa Gwendolyn Luo semella doado sacarlle tanto rendemento visual ás marabillas micolóxicas que os galegos tan pouco tendemos a xantar.

    Máis información
  5. Entre o ceo e o mar

    10,00€

    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar.

    Máis información
  6. Luís Suárez. Fútbol de seda

    15,00€
    A publicación ve a luz ao se celebrar o 50 aniversario da concesión a Luís Suárez do galardón máximo que pode alcanzar un futbolista profesional a título individual, coincidindo tamén, casualmente, co ano no que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento no barrio coruñés de Monte Alto.
    Máis información