Máis vistas

Filosofía 1.º Bach. LOMCE

REF.:978-84-9995-166-9
36,40€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Consideramos a utilidade do manual que presentamos para a materia de Filosofía, pola necesidade de ter un texto que actúa como motor do pensamento filosófico. Pensamos que non debía ser un mero relatorio de pensadores e ideas, aínda que os inclúe, pois incorporamos nesta proposta os recursos suficientes para abordar a  materia con garantía.


 

Información adicional

Ano 2015
Nº de páxinas 410
ISBN 978-84-9995-166-9
Autoría Martínez Quintanar, Miguel Ángel

Detalles

Consideramos a utilidade do manual que presentamos para a materia de Filosofía, pola necesidade de ter un texto que actúa como motor do pensamento filosófico. Pensamos que non debía ser un mero relatorio de pensadores e ideas, aínda que os inclúe, pois incorporamos nesta proposta os recursos suficientes para abordar a  materia con garantía.

O libro estrutúrase en 12 temas que se corresponden coa proposta curricular. En cada tema encontraremos:

  • Unhas primeiras páxinas de recoñecemento de ideas e preconceptos acompañados dunhas cuestións para resolver e filosofemas, así como textos e obras de arte para comentar.
  • Na parte central, ou corpo do tema, preséntanse os conceptos con pequenos textos e cuestións á marxe para pensar, así como chamadas á selección de textos e recursos na web; esta parte complétase cun cuestionario de afianzamento de ideas.
  • Finalmente, inclúese un apartado de actividades e aplicacións útiles (competencias); rematamos a unidade cunha biografía e suxestiónas web ou visionados de películas.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

ÍNDICE DO LIBRO

1. A filosofía: sentido, necesidade, historia.

2. O problema do coñecemento e a verdade.

3. A filosofía das ciencias: instrumento, obxectivos, investigación, métodos, contextos científico-técnicos.

4. A metafísica: o ser e a realidade.

5. A filosofía da natureza e as cosmovisións científicas.

6. O ser humano: evolución, natureza, cultura, corpo.

7. Antropoloxía filosófica: reflexións sobre o ser humano e sentido da existencia.

8. A ética: definición, obxecto, función, teorías.

9. Filosofía política: os fundamentos filosóficos do Estado.

10. A estética: reflexión filosófica sobre a arte.

11. A comunicación: lóxica retórica, argumentación.

12. Filosofía da empresa: racionalidade práctica e proxectiva.