Novo

Máis vistas

Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.

REF.:978-84-9995-036-5
36,40€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O noso proxecto, elaborado por Xosé Alfeirán e Ana Romero Masiá, segue gozando de total validez e interese para o traballo nas aulas, coas necesarias adaptacións históricas e modificacións na programación.

Información adicional

Ano 2008
Nº de páxinas 452
ISBN 978-84-9995-036-5
Autoría Alfeirán Rodríguez, Xosé e Romero Masiá, Ana

Detalles

O noso proxecto, elaborado por Xosé Alfeirán e Ana Romero Masiá, segue gozando de total validez e interese para o traballo nas aulas, coas necesarias adaptacións históricas e modificacións na programación.

Como novidades destacadas, contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual  e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe.

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.

Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.

Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto.

O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL