Infantil-Xuvenil A linguaxe das plantas. Os seres máis fascinantes do planeta 978-84-9995-416-5 20,00 € Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Pola noite 978-84-9995-399-1 16,90 € Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil No bosque 978-84-9995-390-8 19,10 € No bosque viven unha morea de animais. Algúns vense a pleno día, outros só os podes observar en raras ocasións, son difíciles de ver pero podes escoitar as súas voces se premes os botóns máxicos deste libro. Aproveita e aprende, porque o bosque nunca dorme! Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Na granxa 978-84-9995-391-5 19,10 € Que ocorre na granxa despois de que o canto do galo esperta os animais? Ben, pois que as vacas brúan, as ovellas bean, as galiñas cacarexan, os porcos roñas... na granxa sempre hai tarefas que facer! Descúbreas neste libro e preme os botóns para escoitar as voces dos animais. Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O marabilloso mundo das profesións 978-84-9995-402-8 22,05 € Algunha vez tentaches contar cantas profesións hai? Imposible, verdade? Que haxa tantas é algo fantástico porque permite que cadaquén atope o traballo que máis lle preste. Tanto se che gustan os ordenadores, a danza, a música, a historia, as matemáticas, o transporte, o espazo ou as profundidades do océano, de maior eses afeccións poden levarte a... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Donas de nós 978-84-9995-406-6 9,65 € Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O segredo de Caaveiro 978-84-9995-387-8 18,55 € Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Desmontando o corpo, construíndo a ciencia 978-84-9995-368-7 16,55 € Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos? Ano: 2021 Nº de páxinas: 48... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A pita xefa 978-84-9995-381-6 15,40 € Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Ano: 2021 Nº de páxinas: 30 ISBN: 9788499953816 Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Madeira e metal 978-84-9995-365-6 14,35 € Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade. A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade. Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta