Creación Literaria As cartas do desarraigo 978-84-9995-419-6 16,00 € Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro) Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo —ao longo de 10 capítulos como 10 escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador— esa vila de emigrantes e navegantes unidos á... Engadir á cesta
Creación Literaria A mona de Schrödinger 978-84-9995-415-8 14,35 € Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida,... Engadir á cesta
Creación Literaria Unha presa de terra 978-84-9995-389-2 18,55 € Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Creación Literaria Paleta planeta 978-84-9995-380-9 18,25 € Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida. Paleta Planeta traballa o gusto... Engadir á cesta
Creación Literaria Pois eu! 978-84-9995-369-4 14,00 € Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic. A compañía de monicreques está no medio do pase xeral dunha peza ambientada na vila da Costeira alén dos sete mares, pola que pululan catro reis avarentos sen medida e o seu dragón recadador de trabucos que aterra... Engadir á cesta
Barriga Verde República sideral 978-84-9995-370-0 7,42 € Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con... Engadir á cesta
Creación Literaria XelArias. Palabra á intemperie 978-84-9995-358-8 14,35 € A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Ano: 2021Nº de páxinas:... Engadir á cesta
Creación Literaria Entre Donas 978-84-9995-342-7 14,35 € Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a... Engadir á cesta
Creación Literaria O mal querer 978-84-9995-336-6 14,35 € Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen... Engadir á cesta
Creación Literaria Ferreñas e Rock and Roll 978-84-9995-330-4 18,65 € Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega. Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos... Engadir á cesta
Creación Literaria Simboloxía máxica en Galicia 978-84-9995-329-8 33,10 € Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do... Engadir á cesta
Creación Literaria Veleno en familia 978-84-9995-327-4 14,35 € Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. Ano: 2019Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Bock de cerveja 978-84-9995-321-2 12,15 € Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital. O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a... Engadir á cesta
Creación Literaria As fauces feroces 978-84-9995-319-9 14,35 € Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas... Engadir á cesta
Creación Literaria Bergan 978-84-9995-312-0 14,35 € Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o... Engadir á cesta
Creación Literaria O paraugas na raiola e outros relatos 978-84-9995-314-4 13,25 € Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada... A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha... Engadir á cesta
Creación Literaria Remexido de patacas 978-84-9995-308-3 12,15 € A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as... Engadir á cesta
Creación Literaria Cantar de corpos 978-84-9995-288-8 12,15 € Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida. Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe,... Engadir á cesta
Creación Literaria En branco e negro 978-84-9995-274-1 11,05 € Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser... Engadir á cesta
Creación Literaria Horas 978-84-9995-260-4 11,05 € ... antes de repousar nos fundos oceânicos, chega o tempo abala no maor ausente, um reconhecimento necessário antes da última despedida, a do Corral que aguarda um reencontro com o seus própios fantasmas. Nestes últimos tempos, cada livro de Corral é um adeus, que ecoa nestas "Horas" mostrando o que ele foi capaz de viver. Trata-se da reconciliaçom com a... Engadir á cesta
Creación Literaria Mar...usía. Relatos salpresados 978-84-9995-230-7 11,05 € Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias. Como manifesta... Engadir á cesta
Creación Literaria Marcha fúnebre para un monicreque 978-84-9995-220-8 5,20 € Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a... Engadir á cesta
Creación Literaria Os golfiños e o xigante 978-84-9995-219-2 9,80 € Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou... Engadir á cesta