Creación Literaria Eu tamén oín as vozes do orvallo 978-84-87674-48-8 8,80 € Xavier Seoane escribe desde o amor e desde a alegría. Esa alegría promovida non polas gañas de vivir, senón polo vivir. Porque Xavier Seoane é dos poucos poetas capaces de escribir desde a alegría... Ano: 1994Nº de páxinas: 98ISBN: 978-84-87674-48-8Ilustración: Patiño, Antón Engadir á cesta
Creación Literaria O rostro da terra 978-84-87674-74-7 8,30 € O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro. Ano : 1996Nº de páxinas: 84ISBN: 978-84-87674-74-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Afásia 978-84-89803-03-9 8,80 € Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90. Ano: 1997Nº de páxinas: 120ISBN: 978-84-89803-03-9 Engadir á cesta
Creación Literaria A vella peneira a noite 978-84-89803-81-7 9,95 € O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia... Ano: 2001Nº de páxinas: 80ISBN: 978-84-89803-81-7Ilustración: Estévez, Perfecto A. Engadir á cesta
Creación Literaria A vellez na poesía galega 978-84-89803-84-8 9,95 € Acaída antoloxía literaria que aproveita -(in)directamente- para poñer en valor o papel da vellez na nosa sociedade e a súa importancia como transmisora de coñecementos e vivencias para as xeracións máis novas. Ano: 2002Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-89803-84-8Ilustración: Cacheiro Varela, Antolín Engadir á cesta
Creación Literaria Ámago / Mágoa 978-84-89803-91-6 9,95 € O sentido deste (prólogo) nom é outro que convidar o leitor para que leia as partes escritas e as partes nom escritas do livro, e se percebe que o texto e essa massa branca que o rodeia encaixam perfeitamente, como um molde e a sua escultura, será porque está a ler poesia, sublime poesia. Ano: 2002Nº de páxinas: 136ISBN: 978-84-89803-91-6 Engadir á cesta
Creación Literaria Perfís e poéticas 978-84-96526-71-6 13,25 € Cada un dos poemas deste libro continúan, dalgún xeito, aquel "Perfil cósmico para tres voces e unha terra" de GALICIA FONDO VAL, no que me identifiquei con Rosalía, con Celso Emilio e con Otero Pedrayo. Ano: 2006Nº de páxinas: 108ISBN: 978-84-96526-71-6 Engadir á cesta
Creación Literaria Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas 978-84-96526-32-7 11,05 € Con esta antoloxía de poemas amorosos das poetas galegas, preténdese render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión das súas vivencias amorosas, o recanto máis íntimo do seu ser. Ano: 2006Nº de páxinas: 125ISBN: 978-84-96526-32-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Morte do mar 978-84-96893-18-4 11,05 € Poemas escritos entre 2000 e 2002. O libro está dividido en dúas partes, baixo os epígrafes de Morte do mar e Morte do amor. Ano: 2007Nº de páxinas: 60ISBN: 978-84-96893-18-4 Engadir á cesta
Creación Literaria Quen beillaría iso? 978-84-96893-19-1 11,05 € O son amece no idioma a carón da comunicación. Na mestura nace un espello onde se debuxan os elementos da imaxe que nos revela a nós mesmos. Foime dado interpretala. Ano: 2007Nº de páxinas: 70ISBN: 978-84-96893-19-1 Engadir á cesta
Creación Literaria A última viaxe e outros relatos 978-84-9995-040-2 13,20 € Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta. Ano: 2012Nº de páxinas: 158ISBN: 978-84-9995-040-2 Engadir á cesta
Creación Literaria O penalti de Fuco 978-84-92630-57-8 13,20 € A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez Crespo e do seu fillo, Fuco, o encargado de deter o penalti que vai lanzar Messi. Ano: 2012Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Obras breves de imaxinación 978-84-9995-012-9 19,75 € O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e... Engadir á cesta
Creación Literaria Pegadas nun labirinto baleiro 978-84-92630-80-6 19,85 € Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación... Engadir á cesta
Creación Literaria Confusión e morte de María Balteira 978-84-92630-58-5 13,80 € Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen... Engadir á cesta
Creación Literaria Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón 978-84-92630-46-2 13,05 € Novela con pretensións de ensario? Un ensaio baixo a aparencia dunha novela? Enmascara se cadra a crónica dunha viaxe verdadeira... Ano: 2010Nº de páxinas: 192ISBN: 978-84-92630-46-2 Engadir á cesta
Categoria O trevo da sorte 978-84-96128-45-3 12,10 € Dá título a un conxunto de 27 relatos con protagonismo das mulleres organizados en dúas partes, que parecen incidir –non por casualidade- nun tempo pasado nun tempo máis actual. Visión dunha historia, aparentemente superada, que se repite con idénticas ou similares circunstancias no presente. Ano: 2003Nº de páxinas: 116ISBN: 978-84-96128-45-3 Engadir á cesta
Creación Literaria Arredor de Chinto 978-84-96128-96-5 15,40 € Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta do seu bisavó homónimo, conquistador de mulleres, aventureiro... Ano: 2005Nº de páxinas: 240ISBN: 978-84-96128-96-5 Engadir á cesta
Creación Literaria Xope de Lilaina 978-84-96128-97-2 10,60 € Xope de Lilaina pretende ser algo máis que unha colección de relatos da tradición oral disimulada pola introdución do recurso literario dun escritor imaxinario, M. Castro d´Anllóns, que oculta ao verdadeiro autor. Ano: 2005Nº de páxinas: 136ISBN: 978-84-96128-97-2 Engadir á cesta
Creación Literaria O son esquecido 978-84-96128-71-2 14,35 € Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás. Ano: 2005Nº de páxinas: 208ISBN: 978-84-96128-71-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Un autobús camiño da cidade 978-84-96526-68-6 11,05 € É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio... Ano: 2006Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-68-6 Engadir á cesta
Categoria Como paxaro caído no niño 978-84-96526-40-2 12,15 € Como consecuencia da morte de súa nai e o regreso á cidade natal, A Coruña, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai. Ano: 2006Nº de páxinas: 112ISBN: 978-84-96526-40-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Liliput 978-84-96893-60-3 19,85 € Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras. Ano: 2008Nº de páxinas: 320ISBN: 978-84-96893-60-3 Engadir á cesta
Creación Literaria ...Distancias... 978-84-96893-59-7 16,55 € Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior a que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida. Ano: 2008Nº de páxinas: 224ISBN: 978-84-96893-59-7 Engadir á cesta