Creación Literaria As cartas do desarraigo 978-84-9995-419-6 16,00 € Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro) Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo —ao longo de 10 capítulos como 10 escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador— esa vila de emigrantes e navegantes unidos á... Engadir á cesta
Creación Literaria A mona de Schrödinger 978-84-9995-415-8 14,35 € Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida,... Engadir á cesta
Creación Literaria Unha presa de terra 978-84-9995-389-2 18,55 € Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Creación Literaria Paleta planeta 978-84-9995-380-9 18,25 € Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida. Paleta Planeta traballa o gusto... Engadir á cesta
Creación Literaria Pois eu! 978-84-9995-369-4 14,00 € Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic. A compañía de monicreques está no medio do pase xeral dunha peza ambientada na vila da Costeira alén dos sete mares, pola que pululan catro reis avarentos sen medida e o seu dragón recadador de trabucos que aterra... Engadir á cesta
Barriga Verde República sideral 978-84-9995-370-0 7,42 € Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con... Engadir á cesta
Creación Literaria XelArias. Palabra á intemperie 978-84-9995-358-8 14,35 € A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Ano: 2021Nº de páxinas:... Engadir á cesta
Creación Literaria Entre Donas 978-84-9995-342-7 14,35 € Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a... Engadir á cesta
Creación Literaria O mal querer 978-84-9995-336-6 14,35 € Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen... Engadir á cesta
Creación Literaria Ferreñas e Rock and Roll 978-84-9995-330-4 18,65 € Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega. Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos... Engadir á cesta
Creación Literaria Simboloxía máxica en Galicia 978-84-9995-329-8 33,10 € Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do... Engadir á cesta
Creación Literaria Veleno en familia 978-84-9995-327-4 14,35 € Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. Ano: 2019Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Bock de cerveja 978-84-9995-321-2 12,15 € Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital. O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a... Engadir á cesta
Creación Literaria As fauces feroces 978-84-9995-319-9 14,35 € Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas... Engadir á cesta
Creación Literaria Bergan 978-84-9995-312-0 14,35 € Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o... Engadir á cesta
Creación Literaria O paraugas na raiola e outros relatos 978-84-9995-314-4 13,25 € Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada... A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha... Engadir á cesta
Creación Literaria Remexido de patacas 978-84-9995-308-3 12,15 € A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as... Engadir á cesta
Creación Literaria Cantar de corpos 978-84-9995-288-8 12,15 € Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida. Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe,... Engadir á cesta
Creación Literaria En branco e negro 978-84-9995-274-1 11,05 € Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser... Engadir á cesta
Creación Literaria Horas 978-84-9995-260-4 11,05 € ... antes de repousar nos fundos oceânicos, chega o tempo abala no maor ausente, um reconhecimento necessário antes da última despedida, a do Corral que aguarda um reencontro com o seus própios fantasmas. Nestes últimos tempos, cada livro de Corral é um adeus, que ecoa nestas "Horas" mostrando o que ele foi capaz de viver. Trata-se da reconciliaçom com a... Engadir á cesta
Creación Literaria Mar...usía. Relatos salpresados 978-84-9995-230-7 11,05 € Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias. Como manifesta... Engadir á cesta
Creación Literaria Marcha fúnebre para un monicreque 978-84-9995-220-8 5,20 € Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a... Engadir á cesta
Creación Literaria Os golfiños e o xigante 978-84-9995-219-2 9,80 € Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou... Engadir á cesta
Creación Literaria Alma. Un sopro de aire fresco 978-84-9995-221-5 13,20 € Alma. Un sopro de aire fresco, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na... Engadir á cesta
Ofertas Pintor por Italia 978-84-96893-09-2 11,05 € É máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor. Ano: 2007Nº de páxinas: 144ISBN: 978-84-96893-09-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Deter o día cunha flor 978-84-96893-79-5 21,95 € Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Ano: 2009Nº de páxinas: 104ISBN: 978-84-96893-79-5 Engadir á cesta
Creación Literaria Ela, piedade dos suicidas 978-84-9995-160-7 5,20 € Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é... Engadir á cesta
Creación Literaria O lobo e a lúa 978-84-9995-159-1 9,50 € Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten un gato rabudo que vive mesmo nese lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente? Ano:... Engadir á cesta
Creación Literaria Fábula galénica 978-84-92630-93-6 9,00 € Fábula galénica, onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome. Ano: 2011Nº de páxinas: 60ISBN: 978-84-92630-93-6Ilustración: Villán, Óscar Engadir á cesta
Creación Literaria Pedra sobre pedra 978-84-92630-94-3 6,00 € Pedra sobre pedra sitúase no momento da construción do Pórtico da Gloria, co Mestre Mateu «afanado en protexer a evolución e remate» da súa grande obra que, malia todos os atrancos, chegou aos nosos días como unha das máis impresionantes mostras escultóricas do Románico europeo. Ano: 2011Nº de páxinas: 60ISBN: 978-84-92630-94-3 Engadir á cesta
Barriga Verde Bon appétit 978-84-92630-38-7 9,00 € Gañadora na modalidade de teatro para nenas e nenos do Barriga Verde 2009, Bon appétit é unha peza de estrutura clásica que ofrece un canto á gastronomía, en que están "moi ben aderezados" os ingredientes dramáticos e culinarios, ademais de adaptarse perfectamente ao teatro de monicreques. Ano: 2010Nº de páxinas: 56ISBN: 978-84-92630-38-7Ilustración:... Engadir á cesta
Barriga Verde Auga que non vas beber... 978-84-92630-39-4 6,00 € VII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na categoría de adultos Auga que non vas beber..., destaca pola axilidade e a ironía dun texto dramático que entronca co “teatro de Cachaporra” na tradición de Barriga Verde, Blanco Amor e Dieste. O seu autor constrúe un musical satírico para monicreques que, inspirado na tradición oral... Engadir á cesta
Creación Literaria O soñador 978-84-96893-08-6 6,00 € Esta obra de Gabriel Castilla foi a gañadora do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Ano: 2007Nº de páxinas: 80ISBN: 978-84-96893-08-5Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Creación Literaria Misterio en Guernica 978-84-96526-99-0 6,00 € Obra gañadora do III Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Ano: 2007Nº de páxinas: 64ISBN: 978-84-96526-99-0Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Creación Literaria O afundimento do Tiránic 978-84-96526-98-3 9,00 € O afundimento do Tiránic foi a obra gañadora do IV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Ano: 2007Nº de páxinas: 45ISBN: 978-84-96526-98-3Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Barriga Verde Cataventos e Cía 978-84-96893-36-8 9,00 € Cataventos e Cía foi a obra gañadora do II Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2004, modalidade infantil). Trata a simpática e romántica historia da princesa Amanda e o poeta Leonardo, que contan coa axuda dos personaxes máis singulares do castelo, para faceren triunfar o amor verdadeiro ante os "interesados" desexos... Engadir á cesta
Barriga Verde Cucho, Coco e o dilema do 6 978-84-96893-43-6 9,00 € Obra gañadora do I Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2003, modalidade infantil). Ano: 2008Nº de páxinas: 38ISBN: 978-84-96893-43-6Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Creación Literaria Cyrano de Bergerac 978-84-89803-51-0 6,90 € Adaptación da obra homónima de Edmond Rostand realizada polos dramaturgos Paulino Pereiro e Francisco Pillado, coa que Baía Edicións inicia a súa colección dedicada á divulgación dos textos dramáticos de autoras e autores galegos. Ano: 1999Nº de páxinas: 208ISBN: 978-84-89803-51-0Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria Tics 978-84-89803-52-7 6,90 € Tics, que posúe unhas grandes doses de comicidade en determinadas situacións, non poderá ser, se cadra, cualificada de obra cómica pois deixa esa sensación agridoce de quen adiviña o drama cotián do “diferente”. Ano: 2000Nº de páxinas: 96ISBN: 978-84-89803-52-7Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria O bululú do linier 978-84-89803-56-5 6,90 € Un texto que respira comicidade e que a súa lectura, ao igual que a súa representación, nos move ás gargalladas, para finalmente facernos reflexionar sobre a soidade, de forma amarga. Ano: 2000Nº de páxinas: 64ISBN: 978-84-89803-56-5Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria Carne de estatua 978-84-89803-61-9 6,90 € Obra na que se recorre, como é habitual no autor, á ironía, ao “esperpento”, á ciencia como escusa para facer unha crítica mordaz sobre o papel que se lle atribúe na sociedade e na historia ás mulleres. Ano: 2001Nº de páxinas: 96ISBN: 978-84-89803-61-9Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria A chamada 978-84-89803-57-2 6,90 € Un magnífico xogo dramático no que a unidade temporal parece romperse ao longo dunha “historia” que parece lineal e que devolve circular, elíptica, para comprendermos finalmente o drama que subxace en escena. Ano: 2002Nº de páxinas: 160ISBN: 978-84-89803-57-2Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria Apnea 978-84-96128-26-2 6,90 € Nesta traxedia contemporánea, como a define o autor, participan cinco personaxes alegóricos e nela faise unha crítica á sociedade do século pasado. En definitiva, é unha homenaxe á memoria, ao "coñecer, para non volver sufrir o esquecido". Ano: 2003Nº de páxinas: 52ISBN: 978-84-96128-26-2Ilustración: Varela, Miguel Anxo Engadir á cesta
Creación Literaria Estrela da Calma 978-84-96526-67-9 6,90 € Obra publicada por Pedro Pérez Berná e interpretada pola Coral Nosa Señora do Rosario de Albatera, onde estrearon con gran éxito esta obra o día 5 de febreiro do ano 2006, tanto é así que todos os anos durante os meses invernais será representada. Ano: 2006Nº de páxinas: 80ISBN: 978-84-96526-67-9 Engadir á cesta
Creación Literaria Binomio de Newton/García 978-84-96526-19-8 6,90 € Nesta publicación inclúense dúas obras de Cándido Pazó: Binomio de Newton, gañadora do Premio Max no 2003, e García, que acaba de recibir o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal, na actualidade en cartaz por toda Galiza. Ano: 2006Nº de páxinas: 190ISBN: 978-84-96526-19-8 Engadir á cesta
Ofertas Resina de poliéster 978-84-9995-062-4 12,50 € Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies. É un documento, un pergameo que se manifesta como o testamento dun pensador rebelde, dividido, crebado pola paixón das súas apostas, das súas necesidades, das súas apostas necesarias. Ano: 2013Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Prenderei a lareira 978-84-92630-61-5 15,90 € (...) Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro, constitúe a mellor homenaxe que se pode facer a Uxío Novoneyra, poeta do Courel mais tamén poeta da Galiza, poeta da nación e adaíl na defensa da nosa identidade política, cultural e lingüística; e por todo iso poeta universal, pois só desde a identificación co propio se pode atinxir a verdadeira... Engadir á cesta
Creación Literaria Rubaiyat 978-84-92630-62-2 13,25 € (...) As Rubaiyat (...) trataban dun pracer destemido, dun dionisismo que falaba coa morte con naturalidade e concisión, economía da sintaxe (...): poemas de mocidade, transgresores, de gozo do viño, tabernarios, do paso do tempo, da natureza (no xardín), de amor erótico, de desamor... Ano: 2010Nº de páxinas: 104ISBN: 978-84-92630-62-2Ilustración: Correa... Engadir á cesta
Creación Literaria Eu tamén oín as vozes do orvallo 978-84-87674-48-8 8,80 € Xavier Seoane escribe desde o amor e desde a alegría. Esa alegría promovida non polas gañas de vivir, senón polo vivir. Porque Xavier Seoane é dos poucos poetas capaces de escribir desde a alegría... Ano: 1994Nº de páxinas: 98ISBN: 978-84-87674-48-8Ilustración: Patiño, Antón Engadir á cesta
Creación Literaria O rostro da terra 978-84-87674-74-7 8,30 € O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro. Ano : 1996Nº de páxinas: 84ISBN: 978-84-87674-74-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Afásia 978-84-89803-03-9 8,80 € Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90. Ano: 1997Nº de páxinas: 120ISBN: 978-84-89803-03-9 Engadir á cesta
Creación Literaria A vella peneira a noite 978-84-89803-81-7 9,95 € O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia... Ano: 2001Nº de páxinas: 80ISBN: 978-84-89803-81-7Ilustración: Estévez, Perfecto A. Engadir á cesta
Creación Literaria A vellez na poesía galega 978-84-89803-84-8 9,95 € Acaída antoloxía literaria que aproveita -(in)directamente- para poñer en valor o papel da vellez na nosa sociedade e a súa importancia como transmisora de coñecementos e vivencias para as xeracións máis novas. Ano: 2002Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-89803-84-8Ilustración: Cacheiro Varela, Antolín Engadir á cesta
Creación Literaria Ámago / Mágoa 978-84-89803-91-6 9,95 € O sentido deste (prólogo) nom é outro que convidar o leitor para que leia as partes escritas e as partes nom escritas do livro, e se percebe que o texto e essa massa branca que o rodeia encaixam perfeitamente, como um molde e a sua escultura, será porque está a ler poesia, sublime poesia. Ano: 2002Nº de páxinas: 136ISBN: 978-84-89803-91-6 Engadir á cesta
Creación Literaria Perfís e poéticas 978-84-96526-71-6 13,25 € Cada un dos poemas deste libro continúan, dalgún xeito, aquel "Perfil cósmico para tres voces e unha terra" de GALICIA FONDO VAL, no que me identifiquei con Rosalía, con Celso Emilio e con Otero Pedrayo. Ano: 2006Nº de páxinas: 108ISBN: 978-84-96526-71-6 Engadir á cesta
Creación Literaria Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas 978-84-96526-32-7 11,05 € Con esta antoloxía de poemas amorosos das poetas galegas, preténdese render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión das súas vivencias amorosas, o recanto máis íntimo do seu ser. Ano: 2006Nº de páxinas: 125ISBN: 978-84-96526-32-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Morte do mar 978-84-96893-18-4 11,05 € Poemas escritos entre 2000 e 2002. O libro está dividido en dúas partes, baixo os epígrafes de Morte do mar e Morte do amor. Ano: 2007Nº de páxinas: 60ISBN: 978-84-96893-18-4 Engadir á cesta
Creación Literaria Quen beillaría iso? 978-84-96893-19-1 11,05 € O son amece no idioma a carón da comunicación. Na mestura nace un espello onde se debuxan os elementos da imaxe que nos revela a nós mesmos. Foime dado interpretala. Ano: 2007Nº de páxinas: 70ISBN: 978-84-96893-19-1 Engadir á cesta
Creación Literaria A última viaxe e outros relatos 978-84-9995-040-2 13,20 € Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta. Ano: 2012Nº de páxinas: 158ISBN: 978-84-9995-040-2 Engadir á cesta
Creación Literaria O penalti de Fuco 978-84-92630-57-8 13,20 € A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez Crespo e do seu fillo, Fuco, o encargado de deter o penalti que vai lanzar Messi. Ano: 2012Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Obras breves de imaxinación 978-84-9995-012-9 19,75 € O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e... Engadir á cesta
Creación Literaria Pegadas nun labirinto baleiro 978-84-92630-80-6 19,85 € Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación... Engadir á cesta
Creación Literaria Confusión e morte de María Balteira 978-84-92630-58-5 13,80 € Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen... Engadir á cesta
Creación Literaria Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón 978-84-92630-46-2 13,05 € Novela con pretensións de ensario? Un ensaio baixo a aparencia dunha novela? Enmascara se cadra a crónica dunha viaxe verdadeira... Ano: 2010Nº de páxinas: 192ISBN: 978-84-92630-46-2 Engadir á cesta
Categoria O trevo da sorte 978-84-96128-45-3 12,10 € Dá título a un conxunto de 27 relatos con protagonismo das mulleres organizados en dúas partes, que parecen incidir –non por casualidade- nun tempo pasado nun tempo máis actual. Visión dunha historia, aparentemente superada, que se repite con idénticas ou similares circunstancias no presente. Ano: 2003Nº de páxinas: 116ISBN: 978-84-96128-45-3 Engadir á cesta
Creación Literaria Arredor de Chinto 978-84-96128-96-5 15,40 € Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta do seu bisavó homónimo, conquistador de mulleres, aventureiro... Ano: 2005Nº de páxinas: 240ISBN: 978-84-96128-96-5 Engadir á cesta
Creación Literaria Xope de Lilaina 978-84-96128-97-2 10,60 € Xope de Lilaina pretende ser algo máis que unha colección de relatos da tradición oral disimulada pola introdución do recurso literario dun escritor imaxinario, M. Castro d´Anllóns, que oculta ao verdadeiro autor. Ano: 2005Nº de páxinas: 136ISBN: 978-84-96128-97-2 Engadir á cesta
Creación Literaria O son esquecido 978-84-96128-71-2 14,35 € Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás. Ano: 2005Nº de páxinas: 208ISBN: 978-84-96128-71-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Un autobús camiño da cidade 978-84-96526-68-6 11,05 € É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio... Ano: 2006Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-68-6 Engadir á cesta
Categoria Como paxaro caído no niño 978-84-96526-40-2 12,15 € Como consecuencia da morte de súa nai e o regreso á cidade natal, A Coruña, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai. Ano: 2006Nº de páxinas: 112ISBN: 978-84-96526-40-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Liliput 978-84-96893-60-3 19,85 € Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras. Ano: 2008Nº de páxinas: 320ISBN: 978-84-96893-60-3 Engadir á cesta
Creación Literaria ...Distancias... 978-84-96893-59-7 16,55 € Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior a que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida. Ano: 2008Nº de páxinas: 224ISBN: 978-84-96893-59-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Na Solaina 978-84-96893-61-0 16,55 € Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre... Ano: 2008Nº de páxinas: 240ISBN: 978-84-96893-61-0 Engadir á cesta
Creación Literaria Diario dunha noiteboa 978-84-92630-06-6 14,35 € Partindo dunha sentenza xudicial pola que coñecemos a morte de Susana Figueiras, o protagonista, xornalista de profesión e historiador de vocación, escribe un diario a través do cal se nos desvela a vida dun grupo de estudantes de Universidade da Compostela... Ano: 2009Nº de páxinas: 180ISBN: 978-84-92630-06-6 Engadir á cesta
Creación Literaria O vicio Nefando 978-84-92630-07-3 19,85 € Cosme Damián Ferro Barreiro, estudante opositor e narrador novel, preséntasenos como prototipo de escritor que non só ten que combater a indecisión ante a súa obra e a insatisfacción ante unha experiencia vital non moi asumida, senón tamén o poder case divino que se atribúen as editoras sobre a obra literaria. Ano: 2009Nº de páxinas: 320ISBN:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Miguel Strogoff 978-84-9995-052-5 20,90 € Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía... Engadir á cesta
Barriga Verde Os contos do Lobicán 978-84-9995-427-1 15,00 € Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción... Engadir á cesta
Barriga Verde Nas nubes 978-84-9995-428-8 9,00 € Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral... Engadir á cesta
Arte e escrita Luar Na Lubre XX - Encrucillada 978-84-9995-424-0 34,00 € Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración..., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e... Engadir á cesta
Narrativa Memoria para Xoana 978-84-9995-444-8 12,00 € Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social,... Engadir á cesta
Narrativa A fuxida 978-84-9995-447-9 13,50 € Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como... Engadir á cesta