Creación Literaria As cartas do desarraigo 978-84-9995-419-6 16,00 € Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro) Fabio volve á vila natal despois de 50 anos, de onde seu pai o sacara, abandonando a súa nai. Coa axuda dunha amiga da infancia vai percorrendo —ao longo de 10 capítulos como 10 escenas ou flashes só interrompidos polas valoracións do narrador— esa vila de emigrantes e navegantes unidos á... Engadir á cesta
Creación Literaria A mona de Schrödinger 978-84-9995-415-8 14,35 € Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida,... Engadir á cesta
Creación Literaria Unha presa de terra 978-84-9995-389-2 18,55 € Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Creación Literaria Entre Donas 978-84-9995-342-7 14,35 € Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a... Engadir á cesta
Creación Literaria O mal querer 978-84-9995-336-6 14,35 € Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen... Engadir á cesta
Creación Literaria Veleno en familia 978-84-9995-327-4 14,35 € Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. Ano: 2019Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Bock de cerveja 978-84-9995-321-2 12,15 € Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital. O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a... Engadir á cesta
Creación Literaria As fauces feroces 978-84-9995-319-9 14,35 € Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas... Engadir á cesta
Creación Literaria Bergan 978-84-9995-312-0 14,35 € Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o... Engadir á cesta
Creación Literaria O paraugas na raiola e outros relatos 978-84-9995-314-4 13,25 € Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada... A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha... Engadir á cesta
Creación Literaria Remexido de patacas 978-84-9995-308-3 12,15 € A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as... Engadir á cesta
Creación Literaria En branco e negro 978-84-9995-274-1 11,05 € Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser... Engadir á cesta
Creación Literaria Mar...usía. Relatos salpresados 978-84-9995-230-7 11,05 € Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias. Como manifesta... Engadir á cesta
Creación Literaria Alma. Un sopro de aire fresco 978-84-9995-221-5 13,20 € Alma. Un sopro de aire fresco, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na... Engadir á cesta
Creación Literaria A última viaxe e outros relatos 978-84-9995-040-2 13,20 € Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso –o que dá título a obra–, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta. Ano: 2012Nº de páxinas: 158ISBN: 978-84-9995-040-2 Engadir á cesta
Creación Literaria O penalti de Fuco 978-84-92630-57-8 13,20 € A sinalización de un penalti na final da Copa do Rei, que se xoga no Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez Crespo e do seu fillo, Fuco, o encargado de deter o penalti que vai lanzar Messi. Ano: 2012Nº de... Engadir á cesta
Creación Literaria Obras breves de imaxinación 978-84-9995-012-9 19,75 € O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e... Engadir á cesta
Creación Literaria Pegadas nun labirinto baleiro 978-84-92630-80-6 19,85 € Amador Ribeiro é un inspector de policía de Vigo, violento e solitario. Amigo do xogo e do alcohol, vive nun mundo sórdido, cheo de rancor, de homes e mulleres da noite. Ademais non é ben querido na Comisaría. Os seus compañeiros recean dese home coa mirada extraviada, de trazos duros. Un día recibe o enccrgo do comisario de levar a cabo a investigación... Engadir á cesta
Creación Literaria Confusión e morte de María Balteira 978-84-92630-58-5 13,80 € Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen... Engadir á cesta
Creación Literaria Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón 978-84-92630-46-2 13,05 € Novela con pretensións de ensario? Un ensaio baixo a aparencia dunha novela? Enmascara se cadra a crónica dunha viaxe verdadeira... Ano: 2010Nº de páxinas: 192ISBN: 978-84-92630-46-2 Engadir á cesta
Categoria O trevo da sorte 978-84-96128-45-3 12,10 € Dá título a un conxunto de 27 relatos con protagonismo das mulleres organizados en dúas partes, que parecen incidir –non por casualidade- nun tempo pasado nun tempo máis actual. Visión dunha historia, aparentemente superada, que se repite con idénticas ou similares circunstancias no presente. Ano: 2003Nº de páxinas: 116ISBN: 978-84-96128-45-3 Engadir á cesta
Creación Literaria Arredor de Chinto 978-84-96128-96-5 15,40 € Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender servíndose do modelo de conduta do seu bisavó homónimo, conquistador de mulleres, aventureiro... Ano: 2005Nº de páxinas: 240ISBN: 978-84-96128-96-5 Engadir á cesta
Creación Literaria Xope de Lilaina 978-84-96128-97-2 10,60 € Xope de Lilaina pretende ser algo máis que unha colección de relatos da tradición oral disimulada pola introdución do recurso literario dun escritor imaxinario, M. Castro d´Anllóns, que oculta ao verdadeiro autor. Ano: 2005Nº de páxinas: 136ISBN: 978-84-96128-97-2 Engadir á cesta