Creación Literaria O son esquecido 978-84-96128-71-2 4,00 € Unha vida sae a luz do día diante dos nosos ollos. Unha muller foxe do seu propio pasado tentando chegar a metas imaxinadas longo tempo atrás. Ano: 2005Nº de páxinas: 208ISBN: 978-84-96128-71-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Un autobús camiño da cidade 978-84-96526-68-6 4,00 € É a viaxe ao descoñecido dun rapaz prendido as carballeiras que mira o mundo con ollos de asombro: con barro nos pés e brétema nos ollos, mais cun toque de aire fresco. Pequenos anacos significativos da súa vida nese camiñar cara ao misterio... Ano: 2006Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-68-6 Engadir á cesta
Categoria Como paxaro caído no niño 978-84-96526-40-2 4,00 € Como consecuencia da morte de súa nai e o regreso á cidade natal, A Coruña, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai. Ano: 2006Nº de páxinas: 112ISBN: 978-84-96526-40-2 Engadir á cesta
Creación Literaria Liliput 978-84-96893-60-3 4,00 € Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras. Ano: 2008Nº de páxinas: 320ISBN: 978-84-96893-60-3 Engadir á cesta
Creación Literaria ...Distancias... 978-84-96893-59-7 4,00 € Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior a que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida. Ano: 2008Nº de páxinas: 224ISBN: 978-84-96893-59-7 Engadir á cesta
Creación Literaria Na Solaina 978-84-96893-61-0 4,00 € Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre... Ano: 2008Nº de páxinas: 240ISBN: 978-84-96893-61-0 Engadir á cesta
Creación Literaria Diario dunha noiteboa 978-84-92630-06-6 4,00 € Partindo dunha sentenza xudicial pola que coñecemos a morte de Susana Figueiras, o protagonista, xornalista de profesión e historiador de vocación, escribe un diario a través do cal se nos desvela a vida dun grupo de estudantes de Universidade da Compostela... Ano: 2009Nº de páxinas: 180ISBN: 978-84-92630-06-6 Engadir á cesta
Creación Literaria O vicio Nefando 978-84-92630-07-3 4,00 € Cosme Damián Ferro Barreiro, estudante opositor e narrador novel, preséntasenos como prototipo de escritor que non só ten que combater a indecisión ante a súa obra e a insatisfacción ante unha experiencia vital non moi asumida, senón tamén o poder case divino que se atribúen as editoras sobre a obra literaria. Ano: 2009Nº de páxinas: 320ISBN:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Miguel Strogoff 978-84-9995-052-5 5,00 € Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía... Engadir á cesta
Narrativa Memoria para Xoana 978-84-9995-444-8 12,00 € Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social,... Engadir á cesta
Narrativa A fuxida 978-84-9995-447-9 13,50 € Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023). A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións... Engadir á cesta
Narrativa Esconxuros para un rei 978-84-9995-452-3 23,00 € Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo. Con ela, a moza pasa por unha fase de aprendizaxe até que a mestra morre nun incendio, o que a obriga a fuxir, viaxando a Compostela... Engadir á cesta
Narrativa Morte en Kingston Road 978-84-9995-463-9 21,00 € Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia. Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano... Engadir á cesta
Narrativa Nais 978-84-9995-469-1 15,00 € Nais é unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano, pola violencia… Son mulleres de varias xeracións da mesma familia que imos coñecendo a través da súa relación con Sara, enlace entre o presente e o pasado. Sara nai, Sara muller, Sara avoa, pero tamén a Sara filla, vítima dunha carencia... Engadir á cesta