Creación Literaria XelArias. Palabra á intemperie 978-84-9995-358-8 14,35 € A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Ano: 2021Nº de páxinas:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión 978-84-9995-351-9 19,10 € Tradución: María Reimóndez O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo. Ano: 2020Nº... Engadir á cesta
Papelería Axenda 2025 978-84-9995-460-8 22,00 € A Axenda 2025 e Baía Edicións vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios. Das súas características físicas, que rompen coa rixidez tradicional destes produtos, destaca a flexibilidade, e respecto co medio, da súa cuberta de cartón, orixinalmente ilustrada cun motivo da nosa simboloxía prehistórica, a práctica e eficiente goma de... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Feminino singular, en plural 978-84-9995-340-3 14,35 € É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza... Engadir á cesta
Creación Literaria Entre Donas 978-84-9995-342-7 14,35 € Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Na ribeira 978-84-9995-332-8 15,40 € Tradución: María Reimóndez. Os ríos, as pozas, as lagoas... Que farían o animais sen todo iso? Sen auga non sobrevirían. Mesmo algúns viven nela, ben por baixo da superficie... Acompáñanos a coñecer o reino animal acuático e subacuático. Neste libro atoparás moitas fendas que explorar. Ano: 2020Nº de páxinas: 17ISBN: 9788499953328Ilustración: Králik, Marcel Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta 978-84-9995-338-0 20,15 € SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns... Engadir á cesta
Creación Literaria O mal querer 978-84-9995-336-6 14,35 € Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen... Engadir á cesta
Creación Literaria Simboloxía máxica en Galicia 978-84-9995-329-8 33,10 € Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do... Engadir á cesta
Creación Literaria Veleno en familia 978-84-9995-327-4 14,35 € Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018) O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”. Ano: 2019Nº de... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil TREBELLOS. Lume no ceo 978-84-9995-326-7 13,25 € Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE DA GARDA TERRÁQUEA supervivente da GUERRA INFINITA, son o último reduto de esperanza do noso mundo. Ano: 2019Nº de páxinas: 80ISBN:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O País do Gran Furado 978-84-9995-324-3 14,35 € Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ano: 2019Nº de páxinas: 26ISBN: 9788499953243Ilustración:... Engadir á cesta
Creación Literaria Bock de cerveja 978-84-9995-321-2 12,15 € Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia... de autoras e autores que semelham bem conhecidos por Corral e que nom se nos escapam como capitais na sua experiência vital. O recurso adoptado para todos os relatos do narrador em primeira pessoa aproxima as suas historias, com credibilidade, a... Engadir á cesta
Creación Literaria As fauces feroces 978-84-9995-319-9 14,35 € Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres –e unhas... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Natureza Remedios da nosa horta medicinal 978-84-9995-316-8 27,60 € A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva. Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son... Engadir á cesta
Creación Literaria Bergan 978-84-9995-312-0 14,35 € Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o... Engadir á cesta
Creación Literaria O paraugas na raiola e outros relatos 978-84-9995-314-4 13,25 € Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises... Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada... A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares... Os dedos debuxaban unha... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Unha pantasma branca 978-84-9995-310-6 11,05 € Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea. De súpero, uns berros inesperados estoupan coma estralos na torre da... Engadir á cesta
Creación Literaria Remexido de patacas 978-84-9995-308-3 12,15 € A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Auga e lume 978-84-9995-301-4 15,45 € Gañadora ex aequo do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018 Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade. Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil As voces da auga 978-84-9995-300-7 14,85 € As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos. Ano:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A Meiga Chuchona 978-84-9995-299-4 12,05 € Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? Ano: 2018Nº de páxinas: 36ISBN: 978-84-9995-299-4Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta