Novo

Máis vistas

A banda de Raimunda

REF.:9788499953175
13,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». 


Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do orgulloso sapo Eliseu e a súa potente voz, consegue formar un equipo que respecta a diferenza e defende a solidariedade e igualdade entre as nenas e os nenos. Ela será a voz feminina dunha espectacular banda de rock and roll.


 

Información adicional

Ano 2019
Nº de páxinas 22
ISBN 9788499953175
Autoría Nogueira Campo, Pablo
Ilustración Uhía, Manuel

Detalles

A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». 

Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do orgulloso sapo Eliseu e a súa potente voz, consegue formar un equipo que respecta a diferenza e defende a solidariedade e igualdade entre as nenas e os nenos. Ela será a voz feminina dunha espectacular banda de rock and roll.

  • No Galicia Confidencial recordan a presentación do libro na Feira do Libro de Ourense. AQUÍ.
  • Entrevista a Pablo Nogueira no xornal La Región. AQUÍ