Información adicional
Ano | 2008 |
---|---|
Nº de páxinas | 32 |
ISBN | 978-84-96893-80-1 |
Autoría | Santamaría Hervella, Teresa |
Ilustración | Álvarez Miguéns, Marta |
Details
A partir de 3 anos
A aparición dunha bolboreta no patio de xogos dunha Escola Infantil serve para que nenos e nenas, axudados pola profesora, organicen unhas actividades coas que coñecerán todo sobre estes sorprendentes e fermosos insectos.
Este conto forma parte dun proxecto de investigación levado á práctica pola mestra e as alumnas e alumnos de Educación Infantil da Escola de Vilaza. Narra o proceso da súa investigación e obtivo o Premio á Innovación Educativa sobre o tema transversal da educación ambiental.