Máis vistas

A pita xefa

REF.:9788499953816
14,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:


Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021)


Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!

Información adicional

Ano 2021
Nº de páxinas 30
ISBN 9788499953816
Autoría Lado, Marta
Ilustración Seoane, Marina

Details

Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021)

“A temática axústase estritamente ás bases, criticando os roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos.

Enmárcase nun mundo animal-natureza co que é doado que se identifiquen as lectoras e lectores aos que vai dirixida, considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis que rexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo. 

Abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto  a utilidade da unión e anima  a loitar por un obxectivo igualitario.

O emprego do galego está moi coidado, presentando estruturas e léxico do noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e está ben adaptada a primeiras lectoras e lectores.

Trátase, á fin, dun texto rico en imaxes, o que favorecerá o traballo de ilustración da obra. Ambos rexistros, texto e imaxe, poderán perfectamente complementarse e dar lugar a un fermoso álbum ilustrado”.

***

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!

 

NOTICIAS DE INTERESE

Entregan en Compostela el Premio Fina Casalderrey a Marta Lado por «A pita xefa». La Voz de Galicia.

Marta Lado gaña o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Cultura galega.

Marta Lado e a súa ‘Pita Xefa’ recollen o Fina Casalderrey. El correo gallego.