Información adicional
Ano | 2021 |
---|---|
Nº de páxinas | 38 |
ISBN | 9788499953663 |
Autoría | Núñez, Toño (Xosé Antón Núñez Álvarez) |
Ilustración | López Vázquez, Noemí |
Details
“Un conto e un canto”
As nenas e os nenos gozan escoitando contos e cancións. Ademais, a través dos personaxes dos contos e das mensaxes das cancións, experimentan emocións, resolven conflitos e interiorizan o mundo que os rodea.
Ana e a lúa lueira é un conto-canción ambientado nun contexto mariñeiro, pero dirixido ao mundo interior de calquera nena ou neno. A través dunha coidada linguaxe poética, este conto ofrécese como unha ventá aberta ao espazo das emocións, da tenrura, da sensibilidade e da beleza. Textos, música e ilustracións van da man en perfecta simbiose e harmonía. Tres linguaxes complementarias que dialogan e se enriquecen ao servizo dunha causa común: engaiolar a nenas e nenos.
A obra vai acompañada dun QR coas trece cancións da obra.
Compositor: Fernando Gómez Jácome
Voz: Iria Estévez
Coros: Toño Núñez
Piano: Luis Monsalve
Baixo: Carlos López
Batería: Rodrigo Muñoz
Sintetizador, FX: Gonzo Piña
Gravación, mesturas e masterización: Gonzo Piña
NOTICIAS
Ana e a lúa lueira entre os recomendados na Tabela de libros de novembro de 2021.
Entrevista a Toño Núñez, Noemí López e Fernando Gómez no xornal La Voz de Galicia.