As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos, de Emma Pedreira, achega á literatura de noso unha viaxe única e persoal, reflexiva e subxectiva moitas veces, literaria e artística outras, para a que se fai acompañar dun caderno de notas e de voces de poetas, narradoras, docentes, xente do mundo da plástica pero tamén historiadoras, persoal sanitario, enterradores, sancristáns, campaneiras, arquiveiros, achegan a súa perspectiva persoal sobre a morte.
Ano: 2024
Nº de páxinas: 416
ISBN: 9788499954530
PRIMEIRAS PÁXINAS
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d’As horas mortas.
NOTICIAS DE INTERESE
Entrevista a Emma Pedreira no espazo editorial Lendo na Baía de Nós TV.
Entrevista a Emma Pedreira no Diario Cultural da Radio Galega.
As horas mortas de Emma Pedreira no xornal La Voz de Galicia.
Análise da obra As horas mortas no xornal La Opinión A Coruña.
As horas mortas no programa Zigzag da TVG.
Entrevista a Emma Pedreira no programa Hoy por hoy de Cadena Ser.
O xornal La Voz de Galicia entrevista a Emma Pedreira pola presentación en Pontedeume.
Entrevista a Emma Pedreira no programa Hoy por hoy de Ferrol de Cadena Ser.
A obra de Emma Pedreira recomendada por César Lorenzo Gil en Biosbardia.
Entrevista a Emma Pedreira no programa Quen anda aí? da TVG.
Tamén che podería gustar