María Antonia Quesada é unha escritora e xornalista madrileña de pai galego. As súas historias para as nenas e os nenos desenvólvense en lugares de gran beleza, onde se mesturan a fantasía coa Historia. En 1989 publicou El tesoro de las mariposas (Anaya), relato para primeiros lectores no que tres nenos percorren o parque do Retiro vivindo unha aventura cos seres reais e imaxinarios que habitan neste xardín emblemático de Madrid. Desta obra fixéronse sete edicións en castelán e unha en catalán.
Ler maisNace en A Fonsagrada no1986. Licenciada en xornalismo. Escritora de xénero fantástico. Ten publicados os libros Palabra de Bruxa, (Editorial Galaxia, 2018) e Non hai luz sen escuridade, (Urco Editora, 2015); relatos nas antoloxías colectivas como O libro dos libros (Editorial Galaxia), Contos do Sacaúntos. Romasanta o criminal (Urco Editora), entre outras; ademais, escribiu o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra, 2016/17), ilustrado por Ana Seoane. En 2020 colaborou cunha serie de microrrelatos para o suplemento "Máis" de Nós diario; en 2021 cun relato na mesma publicación.
Ler maisComo escritor os seus libros foron traducidos a trece idiomas e ten ilustrados máis de trescientos libros para editoriais de dazaséis países.
Seleccionado oficialmente pola sección española de IBBY como candidato ao Premio Astrid Lindgren 2008 e ao Premio Andersen 2010.
Ler maisEstudou Belas Artes en Pontevedra, onde con outros compañeiros entrou no campo da autoedición. Formou así parte do grupo Cabeza de Corte Aéreo ata 2015, e o ano seguinte fundou Gran Madre Cangrejo, agrupación coa que publicou os fanzines Puño e Bosviac. En 2017 publicou unha historia curta no volume colectivo Licor café, de Demo Editorial, e comezou a súa serie autoeditada Oni neko.
Ler maisActriz, directora, perfomer mais, sobre todo, escritora. Rianxeira de pura cepa, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. O seu estilo cabalga entre os lindes que separan os xéneros. Fundadora de Teatro da Falúa e directora de Teatro Airiños de 2011 ao 2019, en 2015 gaña o Premio Abrente coa peza Voaxa e Carmín, que desvela a historia de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as famosas Marías de Compostela.
Ler maisProfessora na Universidade de Santiago de Compostela de uma especialidade com o procaz nome de Linguística geral, absorve cada dia do estudantado a energia necessária para o peso cruel da existência não a esmagar e estar pronta a se somar a qualquer guerrilha que se levante, insurgente, para construir um mundo melhor. O seu projeto literário materializa-se nas seguintes obras:
Ler maisNace en Santiago de Compostela no ano 1978. Escritora e crítica teatral, é doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago e diplomada polo Institut d’Études Théâtrales da Université Paris III – Sorbonne Nouvelle. Desde 2007 é columnista no xornal La Voz de Galicia. Actualmente, é tamén profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e membro da Sección de Xénero do Consello da Cultura Galega.
Ler maisMatemática de profesión, dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.
Recibiu diversos premios como o Díaz Jácome para novos creadores, o Manuel María de poesía, o premio de relato curto Antiguos Alumnos da USC, o premio de narración curta Concello de Marín, o Premio Ardeiro ou o Avelina Valladares.
Ler maisNado na cidade da Coruña, aínda que coas súas raíces na Ribeira Sacra ourensá (Xunqueira de Espadanedo e Esgos), comeza no mundo da música con 13 anos, levado polo seu interese nas músicas galega e celta. As súas inquedanzas culturais, nun tempo en que o acceso á información carecía das facilidades de hoxe en día, lévano a participar en diferentes revistas e colectivos da época. Mentres continúa a súa formación musical, participa e actúa con diferentes grupos e músicos da cidade: Adro, Neboeiro, Roi Xordo, Augamel... ata que finalmente, en 1986, fundaLuar Na Lubre.
Ler maisFilóloga, escritora, feminista, bibliópata, coleccionista, crítica (en plan rexouba e en plan ben), fanzinera, maníaca do papel e do collage. Colaboradora de opinión no xornal electrónico ADIANTE.GAL.
Entre outros, ten acadado o Premio Jovellanos 2017 ao Mellor Poema do Mundo, o Premio da crítica española en lingua galega 2017 por Bibliópatas e Fobólogos e máis recentemente o Premio Xerais de novela 2018.
Autora dunha vintena de libros entre poesía, relato curto e novela.
Ler maisNacín en Burela, aos pés do Cantábrico, no verán de 1991. Na infancia devorei libros como elemento principal da miña dieta, e agora escribo como complemento alimenticio vital. Aínda que son Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, pasei e paso (e agardo pasar) a meirande parte do tempo entre letras, mundos imaxinarios e vidas alleas.
Ler maisNada en Compostela, é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. Aos vinte anos marchou a Latinoamérica onde ten traballado para a cooperación galega, CIDEAL e a AECID, ademais de colaborar con organizacións de mulleres e os Festivais de Cine de Dereitos Humanos e de Cine Ambiental de Arxentina.
Ler maisCrítico literario e investigador. Secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta de Galicia, é tamén profesor de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Ler maisCreador e guionista das tres temporadas da serie Casa Manola de Televisión de Galicia, Tamén escribiu noutras ficcións de TVG, como a popular comedia Pratos combinados ou As leis de Celavella, un thriller de época polo que recibiu o Premio Mestre Mateo. Participou no desenvolvemento dunha serie de ficción para Mediaset España e traballou na escritura do guión da longametraxe hispanoarxentina Fabricantes de ovnis, unha coprodución entre Pampa Films e Mad Mex Filmanova.
Ler maisNacín no Carballiño (Ourense) en 1987. Medrei entre as páxinas dos contos que se acubillaban no meu dormitorio e os debuxos animados que bulían diante da tele naquel selecto club chamado Xabarín. Dende ben pequeno, choutei cos discos de rock que os meus irmáns maiores escoitaban na casa e, se cadra por iso, quedei enfeitizado pola música e súbome enriba dun escenario sempre que teño a ocasión.
Ler mais
Autor coruñés, debuxante de formación autodidacta e biólogo. Compaxina a súa actividade coa ilustración de libros, a ilustración da natureza e a realización de proxectos propios de banda deseñada. Neste último campo, ten realizado numerosas historias curtas para certames e revistas especializadas, centrándose ultimamente na autoedición de historias longas.
Ler mais