Baamonde, Eduardo

Nace en Vilalba (Lugo) no 1962. En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Desde 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo).

Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade nos certames de pintura rápida, acadando varios premios e recoñecementos. Tamén é de destacar a súa actividade como ilustrador, pois publicáronse recentemente dous textos de Ramón Caride ilustrados enteiramente por Baamonde (Ed. Everest). No ano 2005 publicouse Tanta Miga e a súa barriga (Baía Edicións) e no 2006 Plexiflai non foi ao festival (Ed. Everest); os dous son contos infantís escritos e ilustrados polo propio Baamonde.

Publicacións


Deseño gráfico e ilustracións

  • Texto e ilustracións de Plexiflai non foi ao festival. Col. Rañaceos. Ed. Everest. 2006.
  • Ilustracións para o n.º 1 da revista ARDENTÍA editada pola Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Especial Douarnenez, VII - 2004.
  • Debuxos para o xornal Terra Chá (III, IV, V e VI de 2005).
  • Texto e ilustracións de Tanta Miga e a súa barriga. Col. Xiz de cor. BAÍA EDICIÓNS. 2005.
  • Portada e ilustracións para os números 12, 14, 15, 16, 18 e 22 da CASA DA GRAMÁTICA. Noia. 2002, 2003, 2004 e 2005.
  • Ilustracións para o conto O Cabo da Serpe de Ramón Caribe. Colección Montaña Encantada. Ed. Everest. 2004.
  • Ilustracións para o libro Boca da noite de Ramón Caride. Colección Punto de Encontro EVEREST. 2003.
  • Deseño gráfico integral do proxecto didáctico SALNESXOGO, ideado polo Equipo de Normalización Lingüística do Salnés (2001).
  • Felicitacións navideñas para o Concello de Ribadeo. XII-1998.
  • Imaxe corporativa para FACOSA (Fábrica de Carbónico Ourense, S.A.). (1997).
  • Obtención dunha bolsa de axuda para a creación cultural concedida pola Consellería de Cultura co motivo da realización de Contos Infantís Ilustrados (1995-96).
  • Realización de carteis para festas (p. ex: Festival de Pardiñas, 1988, XERMOLOS. (Guitiriz), congresos (p. ex. PEDAGOXÍA E INADAPTACIÓN, Santiago. 1983), encontros (p. ex. BAIXO A LUZ DO MINHO. Viana do Castelo. 1995), portadas e ilustracións para revistas (p. ex. CALAMUCANA. Sarria. 1995), anagramas, etc.
  • Imaxe identificativa para Amigos do Camiño Norte. Xacobeo. 1993.
  • Ilustración para a campaña Non te deixes carretar. Eleccións Municipais 1991.
  • Logotipo para os calzados deportivos STARKY.
  • Ilustracións para o libro Homenaxe a Xosé Mª. Díaz Castro. XERMOLOS. Guitiriz. 1988.
  • Logotipo e publicidade para INTE (Instituto de Novas Técnicas do Ensino). Santiago. 1987.

 

Deseño e montaxe

  • Debuxos e maquetación para a Exposición, VIII Centenario do Pórtico da Gloria. Santiago. (IX-1988); xunto con Tomás Fernández e Carlos López.
  • Confección dun mapa ornitolóxico para a páxina web do Colectivo Ecologista do Salnés (www.terra.es/personal2/cesalnés).
  • Etiquetas identificativas para a Adega de Albariño “Casa da Barca”.

 

Exposicións individuais

  • CASA DA CULTURA. Vilalba (X-2006)

 

Realizou tamén exposicións colectivas, premios e recoñecementos, así como murais en pubs, cafeterías, centros... 

  • CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO. Viveiro (VIII-2006).
  • CASA DAS LETRAS. Ribadeo (VI-2006)
  • Galería AMARARTE. Lugo (VI-2006)
  • Galería LEMBRANZA-SARGADELOS. O Grove (IV-2006).
  • CAFË ISAAC. Ourense (I-2006).
  • CASA DO LIBRO. Vigo (IV - 2005).
  • Sala Municipal de Exposicións. Ribadeo (VIII- 2005).
  • Exposición de ilustracións no Colexio Alba. Vigo (XII-2005).
  • Galería CIMENTADA. Oviedo (I - 2004).
  • Hotel Puerta del Camino. Santiago (II - 2004).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII - 2004).
  • Galería BOMOB. A Coruña (X - 2004).
  • Casa de Cultura. Vilalba (X - 2004).
  • Galería BOMOB. Vigo (XII - 2004).
  • Galería ARCANA. Vilagarcía de Arousa (VI-2003).
  • Casa de Cultura. Tapia de Casariego (VIII-2003).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2003).
  • Galería AMARARTE. Lugo (XI - 2003).
  • Casa da Cultura. Cangas do Morrazo (IV-2002).
  • Galería LEMBRANZA. O Grove (VII-2002).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2002).
  • Restaurante-Galería EL BOTE. Tapia de Casariego (IX-2002).
  • Liceo de Noia (XII-2002).
  • Museo MANUEL TORRES. Marín (III-2001).
  • Galería BOMOB. Vigo (IV-2001).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2001).
  • Sala Juanel. Foz (VIII-2001).
  • Galería BOMOB. A Coruña (X-2001).
  • Galería SARGADELOS. Pontevedra (XI-2001).
  • Parador de Turismo. Vilalba (XII-2001).
  • Auditorio Carmen Estévez. Vilalba (V-2000).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2000).
  • Sala do Concello. Cambados (X-2000).
  • Sala de exposicións CAIXANOVA. O Barco de Valdeorras (XII-2000).
  • CAIXA PONTEVEDRA. Ponferrada (León) (X-1999).
  • Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-1999).
  • CAIXA PONTEVEDRA. Pontevedra. (VII-1999).
  • EXPO-SALNÉS. Cambados. (XII-1998).
  • Forte de San Damián. Ribadeo. (VIII-1998).
  • Casa da Cultura. Vilagarcía de Arousa. (VI-1998).
  • Sala do Concello. Cambados. (XII-1996).
  • Casa de Cultura. Vilalba. (XII-1990).
  • Fardela. Vilalba. (IX-1985).
  • Titurel. A Estrada. (VII-1984).

Correo electrónico: Eduardo Baamonde

Páxina Web: Eduardo Baamonde