Profesionalmente dedicouse a coordinar os diferentes Planos Municipais de Emprego do Concello de Vigo durante 8 anos e, na actualidade, é responsable da Área de Emprego e Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nunha consultora privada.

Nace en Miranda de Ebro (Burgos) no ano 1965 e vive en Vigo desde hai máis de 15 anos.

Ten publicado diferentes artigos e libros relacionados coa súa actividade profesional, así como relatos curtos e poesía.