Carballeira Cabana, Paula

Nace en Fene en 1972. Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais.

Participou como actriz e contadora de contos en diversos programas da TVG (“Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”, “Pepe o inglés” ou “Libro de Familia”) e ten colaborado na Radio Galega (“Xamón, xamón” e “A taberna da galega”).

Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil ASTEROIDE B-612 que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol. Dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá” (estreada en marzo do 2006).

Publicacións

Libros de Infantil-Xuvenil

  • A casa redonda. Colección cempés. Baía Edicións, 2008.
  • Boas Noite. Edicións Xerais, 2007. Premio Manuel María de Literatura Dramática infantil.
  • O lobisome. Planeta Oxford, 2007.
  • Smara. Kalandraka, 2006. White Raven e Premio Isaac Díaz Pardo.
  • Contatrás. Edicións Positivas, 2006.
  • A era de Lázaro. Galaxia, 2004.
  • O ganso pardo. Edelvives, 2002.
  • Correo Urxente. EDB-Rodeira, 2002. trad. ao castelán. Premio Lecturas 2003.
  • Paco. Kalandraka, 2000. trad. ao castelán, catalán, euskera, inglés e portugués. Premio Lecturas 2001.
  • Mateo. Kalandraka, 1999. trad. ao castelán, catalán, euskera e coreano.
  • Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico. Xerais, 1999.
  • Olo-iepu-iepu. Galaxia, 1999.
  • Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima. EDB-Rodeira, 1996. trad. ao castelán, catalán e euskera.
  • Robin e a Boa Xente. EDB-Rodeira, 1993. trad. ao castelán, catalán e euskera.
  • A percura. Edicións do Cumio, 1990.

Libros escolares de Lecturas

  • Alicia sabe voar. Anaya, 2006.
  • O asubío do vento do norte. Anaya, 2006.