Casalderrey, Fina

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951), mestra xubilada e membro numerario da Real Academia Galega. Dedica a maior parte da súa vida á creación literaria e ao fomento da lectura. Con máis de 50 títulos publicados, é unha das autoras galegas de LIX máis lidas e galardoadas. Parte dos seus orixinais -sempre en galego- foron traducidos ao español, catalán, euskera, valenciano, asturiano, aragonés e tamén ao portugués, brasileiro, bretón, coreano, italiano, francés, inglés e chinés. En 1996 logra o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa.


Publicacións e premios

  • Unha pantasma branca. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2019.
  • Premio Rosa dos Vento do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires, 2018.
  • Premio Picadillo á difusión da gastronomía galega (A Coruña), 2017.
  • Premio "Bos e xenerosos" da Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso), 2016.
  • Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras (Creación Literaria), 2015.
  • O neno can. Premio Frei Martín Sarmiento, 2014.
  • Premio "Xosé María Álvarez Blázquez. Autora do ano" pola AGE, 2013.
  • Lista Outstanding Books 2013, Oslo, por  O neno can.
  • Candidata española ao Premio Astrid Lindgren 2010 e 2012.
  • Autora homenaxeada no X Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2009.
  • Premio Ramón Cabanillas 2008 pola agrupación de libreiros de Cambados.
  • "Autora do ano" da Federación de Libreiros de Galicia, 2007.
  • Un cabalo de lume. Colección Mar de letras. Baía Edicións, 2007.
  • Xela volveuse vampira (inclúe DVD). Colección Contos da igualdade. Baía Edicións, A Coruña, 2007.
  • Gordiño Recheo. Ediciones SM, Madrid, 2007.
  • A Pomba e o Degolado. Edicións Xerais, Vigo, 2007.
  • A lagoa das nenas mudas. Edicións Xerais, Vigo, 2007. Traducido: Bilingüe castelán-inglés.
  • Un día de caca e vaca. Baía Edicións, A Coruña, 2007. Traducido ao catalán, castelán, valenciano e euskera.
  • ¡¡¡Lume!!! Rodeira, A Coruña, 2006. Traducido ao catalán e castelán.
  • Isha, nacida do corazón. Rodeira, A Coruña, 2006. Traducido ao catalán e castelán.
  • ¿Quen me quere adoptar? Edicións Xerais, Vigo, 2005. Inclusión na selección dos "The White Ravens 2006" da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. Traducido ao castelán.
  • O meu avó é unha gata. Edicións Xerais, Vigo, 2005. Traducido ao catalán, castelán, valenciano e euskera.
  • Un misterio na mochila de Alba. Editorial Planeta & Oxford, Barcelona, 2005. Traducido ao castelán.
  • Eu son eu. Edicións Xerais, Vigo, 2004. Traducido ao valenciano, euskera e castelán.
  • Filla das ondas. Kalandraka Editora, Pontevedra, 2003. Premio “Benito Soto” 2003. Traducido ao castelán.
  • ¡Un can no piso! ¿E que? Editores Asociados: Editorial Galaxia, Vigo, 2003. Traducido ao catalán, castelán, euskera, asturiano e aragonés.
  • Lúas de nácara. Edicións Xerais, Vigo 2003.
  • O avó é sabio. Combel Editorial, Barcelona, 2002. Traducido ao catalán e castelán.
  • O avó sae e paseo. Combel Editorial, Barcelona, 2002. Traducido ao catalán e castelán.
  • A avoa non quere comer. Combel Editorial, Barcelona, 2002. Traducido ao catalán e castelán.
  • A avoa ten unha menciña. Combel Editorial, Barcelona, 2002. Traducido ao catalán e castelán.
  • Derradeira carta ós Reis Magos. Edicións Xerais, Vigo, 2002. Traducido ao castelán.
  • Desventuras dun lobo namorado. Editorial Galaxia, Vigo, 2002. Traducido ao castelán.
  • Cando a Terra esqueceu xirar. Ediciones SM, Madrid, 2002. Traducido ao castelán e árabe.
  • Un saco de estrelas. Un saquiño de contos, Edicións Xerais, Vigo, 2001.
  • A máscara de palma. Editorial Galaxia, Vigo, 2000.
  • Unha pantasma branca. Editorial Everest, León, 2000. Traducido ao castellan.
  • Bicos de prata. Ir Indo, Vigo, 2000.
  • O misterio do cemiterio vello. Ediciones SM, Madrid, 1999. Premio de LIX “Lecturas” 2001 (nenos de 8 a 14 anos).
  • Pimpín e Dona Gata. Ediciones SM, Madrid, 1999. Lista de honra de CLIJ 2001. Traducido ao castelán.
  • Ás de mosca para Anxo. Editorial Anaya, Madrid, 1998. Edicións Xerais, Vigo, 2002. Lista de honra de CLIJ 1999. Traducido ao catalán, castelán, valenciano e euskera.
  • Nolo e os ladróns de leña. Ediciones SM, Madrid, 1998. Traducido ao castelán.
  • Unha raíña negra. Edebé, Barcelona, 1998. Traducido ao castelán.
  • Podesvir. Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 1997.
  • ¡Puag, que noxo! Editores Asociados: Galaxia, Vigo, 1997. Inclusión na selección “Los mejores de la década” de CLIJ 1999. Traducido ao catalán, castelán, euskera e asturiano.
  • ¿Sobrevives? Edicións Xerais, Vigo, 1996. Traducido ao catalán, castelán, eusdera e aturiano.
  • ¡Prohibido casar, papá! Editorial Galaxia, Vigo, 1996. Inclusión na selección do “The White Ravens 1998” da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. Traducido ao castelán, valenciano, portugués e brasileiro.
  • O estanque do parrulos pobres. Edebé, Barcelona, 1996. Premio Edebé de Literatura Infantil 1995. Lista de honra de CLIJ 1996. Traducido ao catalán, castelán e euskera.
  • O misterio dos fillos de Lúa. Ediciones SM, Madrid, 1995. Premio O Barco de Vapor 1994. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996. Inclusión na selección “Los mejores de la década” de CLIJ 1999. Traducido ao catalán e castelán.
  • ¡Asústate, Merche! Edicións Xerais, Vigo, 1994. Lista de honra de CLIJ 1995. Traducido ao catalán, castelán e portugués.
  • Chamizo. Edicións Xerais, Vigo, 1994. Lista de honra de CLIJ 1994. Traducido ao euskera.
  • A noite dos Coroides. Vía Láctea, A Coruña, 1993.
  • Dúas bágoas por Máquina. Edicións Xerais, Vigo, 1992. Premio Merlín de Literatura Infantil 1991. Tradución ao valenciano e euskera.
  • Mutacións Xenéticas. Vía Láctea, A Coruña, 1991. Edicións Xerais, Vigo, 1998. Traducido ao valenciano.

Outras publicacións

  • Escolma: Eu son eu e Residencial cero. Poetas Narradores nas súas voces. Consello da Cultura Galega, 2006.
  • Sangue de gato negro. Contos de medo no museo. Museo Provincial de Lugo, 2005.
  • O charlatán da feira. Lagarto pintado. Xunta de Galicia, 2004.
  • Perigo na Catedral. Postais do camiño, Editorial Galaxia, Vigo, 2004.
  • ¡Adeus, pés! Xunta de Galicia, 2004.
  • Terras de Moraña. Concello de Moraña-Pontevedra, 2002.
  • ¿Medo, eu? Tres pegadas. Xunta de Galicia, 2002.
  • Electrocardiograma plano. Ninguén está só. Amnistía Internacional. Tris Tram, 2001.
  • Matrioskas. Palabras con Fondo. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, 2000.
  • Chavo de laranxa. Imos xuntos camiñar. Xunta de Galicia, 1999.
  • Cuca e o abrigo marrón. A maxia das palabras. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1998.
  • Canción de Berce. CLIJ, nº 93, 1997.
  • Cita nos xardíns do sur. Novo do trinque, BNG, 1997.
  • Recursos tetarais para a expresión dramática na escola. Edicións Xerais, Vigo, 1996.
  • A rosquilleira. Casa de Galicia, León, 199. Primeiro premio de narración breve Casa de Galicia de León.

Ligazón ao meu blog: Fina Casalderrey