Castilla, Gabriel

Ganador do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A obra gañadora leva por título: "O soñador" (2007).

Actúa desde fai máis de 25 anos por toda Latinoamérica, onde realizou varios espectáculos para nenas, nenos e adultos, presentados tamén en Europa.

É autor xunto a Leopoldo Castilla, de 7 libros de recopilación de contos, pintura infantil e historial das mulleres de Castela A Mancha. Labor que realizou co seu teatro por esa rexión española.

Colaborou en diarios e revistas. É asistente técnico do Instituto Nacional de Teatro, Arxentina.

Crítica

... logra que os seus personaxes, a pesar das súas faces impasibles, trasmitan tenrura, picardía. Ese é só un dos múltiples achados de Castilla. A provocación para a sonrisa ou gargallada repica a cada instante... Mario E. Ceretti. La Razón. Bos Aires, Arxentina.

... mais que un actor, é un mago, un prestidixitador, un creador de soños, pertencente á línea dos grandes artistas que navegan por Latinoamérica. El nos demostrou que a arte non precisa de grandes recursos, trucos ou espacios. Consegue a verdadeira seducción polas mans. Guaira é o símbolo da verdadeira estética: a simplicidade... J. C. Tibursky. Trinta Días de Cultura. Brasil.

Publicacións

  • O soñador, I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Barriga Verde, Baía Edicións, 2007.
  • Telón de cielo.
  • Dez obras mímicas para teatro de Títeres. Bos Aires, Arxentina (mención especial no Premio Nacional de Literatura Infantil. Trienio 1997/99. Arxentina).
  • La Trampa.
  • Oito pezas Mímicas e un exercicio para Teatro de Sombras.

Espectáculos

  • El pícaro burlado de Javier Villafañe.
  • La bolsa de Carlos Luís García Bes.
  • La calle de los fantasmas de Javier Villafañe.
  • Títeres para nenos e nenas grandes e para grandes nenas e nenos. Gabriel Castilla.
  • El buen diablo. Quique Sánchez Vera.

Festivais

  • XVIII Festival de Teatro de Occidente. Venezuela, 2000.
  • II Mostra de Monicreques para Adultos. España, 1993.
  • XV Festival Internacional de Teatro de Bonecos. Polonia, 1992.
  • IV Festival de Monicreques Latino-Escandinavo. Suecia, 1991.
  • Teatrets D’Europa. Barcelona, España, 1990.
  • Día Mundial do Teatro. Caracas, Venezuela, 1990.
  • XVII Festival Internacional Cervantino. Guanajuato, México, 1989.
  • Mostra Latinoamericana de Teatro de Bonecos. Brasil, 1987.

Presentacións especiais

  • Teatro Nacional de Guiñol. La Habana, Cuba, 2001.
  • IX Festival Nacional de Teatro de Pequeno Formato. Santa Clara, Cuba, 2001.
  • Homenaxe a Guaira Castilla. VII Festival Nacional de Monicreques. Catamarca, Arxentina, 2000.
  • Residencia de Estudiantes. Madrid, España, 1990.
  • Museo de Arte Contemporáneo. Porlamar, Isla Margarita. Venezuela, 1990.
  • Universidade do Zulia. Venezuela, 1989.
  • Museo Nacional do Teatro. Teatro Nacional Cervantes. Bs. As., Arxentina, 1987.
  • Universidade Nacional de Salta. Arxentina, 1986.
  • Universidade de Santiago dos Cabaleiros. República Dominicana, 1985.
  • Universidade Nacional dos Llanos. Venezuela, 1985.

Actuou tamén en Latinoamérica e Europa enviado polo Ministerio de Relacións Exteriores e Culto da Arxentina.