Nace en Pontevedra en 1957. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Dramaturga, Pedagoga e Directora teatral.
Ler maisNace en Valencia en 1977. É licenciada en filoloxía inglesa pola Universidade de Valencia. Traballa de subtituladora de películas e de profesora e actualmente dedícase á corrección.
Ler maisAutora de varias unidades didácticas referidas ao relevo da costa galega e o glaciarismo e periglaciarismo en Galicia. Ademais publicou artículos en revistas e colaborou en outras obras colectivas.
Ler maisNace o 23 de novembro de 1964 en Vigo e reside en Poboa de Trives. É licenciado en Ciencias Biolóxicas e actualmente é profesor en Ensinanza Secundaria de Bioloxía e Xeoloxía.
Ler maisPintor, gravador e escultor, aínda que a súa primeira vocación foi a literatura. En 1975,o Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos concedeulle unha bolsa, participando nun curso de cerámica.
Ler maisEntre o esforço e a pressom dos meus pais saim de aprendiz de randa e fum fazendo os meus primeiros estudos. Logo colhim o rego e findei Professorado Mercantil e Licenciatura em Ciências Económicas. Como a minha vida foi em certa medida um pécio no meio dos oceanos, ainda cursei jornalismo na U.C.V. de Caracas.
Ler maisPublica catro libros de texto dedicados á asignatura de matemáticas: "Matemáticas" de 1º e de 2º Bach e "Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais" de 1º e 2º de Bach tamén.
Ler mais(A Coruña, 1965). Autor de varios libros de poemas e colaborador en varios medios escritos do país, a súa obra aparece recollida en diversas escolmas (dEfecto 2000, A tribo das baleas, etc.). É profesor no IES de Castro Ribeiras de Lea.
Ler maisNace en Vigo en 1978. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e Doutor pola Universidade de Barcelona coa tese "O problema da conciencia do tempo na fenomenoloxía de Edmund Husserl" (2007).
Ler maisNace o 4 de xaneiro de 1972 en Vigo, onde reside. É licenciada en Bioloxía e exerce actualmente de comercial.
Ler maisConselleira Delegada de Educación, Concello de Santiago de Compostela. Publica en Baía Edicións unha unidade didáctica dedicada á problemática ambiental en Galicia.
Ler maisNace en Vilalba (Lugo) o 23 de abril de 1932. Empezou os estudios no Seminario de Mondoñedo. Licenciouse en Filosofía en Salamanca. Continuou os estudios en Roma onde se licenciou en Teoloxía no 1956.
Ler maisNace no Carballiño en Ourense. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, Especialidades de Historia da Arte Antiga e Medieval (1997) e Museoloxía (1996). Licenciado trala defensa da Tese de Licenciatura "A vila de Ribadavia: o medio e a súa arte na Idade Media” (2000).
Ler maisNace o 30 de xullo de 1967 en Lleida e reside en Lugo. É Licenciada en Filosofía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) 1990 e Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) 2004.
Ler maisNace o 23 de maio de 1966 en Tui (Pontevedra) e reside en Santiago de Compostela. É licenciada en Xeografía e Historia, sección Arte Antigo e Medieval en 1989 e Doctora en Historia da Arte, en 1995.
Ler maisNace o 20 de decembro de 1955 en Lugo (San Lázaro, á beira do Miño). Actualmente vive entre Vigo e Oporto. É doutora en Ciencias Biolóxicas e bióloga de profesión, xa que exerce como Profesora Titular na área de Botánica da Universidade de Vigo.
Ler maisNaceu en Delémont (Suíza) en 1977, fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Compostela. Actualmente, traballa de Técnico de laboratorio en Oviedo, aínda que proximamente residirá en Passau (Baviera, Alemaña).
Ler maisRealiza dous títulos da colección "O bosque encantado" de Baía Edicións para nenas e nenos de oito a doce anos.
Ler maisGanador do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A obra gañadora leva por título: "O soñador" (2007).
Ler maisAutora de dous libros de divulgación dedicados ao ligue e á parella. Os títulos son os seguintes: "o abc do ligue" e "O abc da parella"
Ler maisNaceu en Xeve (Pontevedra). Desde os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra.
Ler maisPublica, en colaboración de varios autores, o libro de texto "Educación física" para o alumnado da ensinanza secundaria obrigatoria.
Ler maisPublica un libro de texto para o alumnado da formación profesional de ciclo superior sobre o proxecto integrado de administración de empresas.
Ler maisRealiza, en colaboración de Juan Ignacio Díaz d`a Silva e Calros Silvar, a maravillosa guía dos mamíferos de Galicia. Guía que pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos.
Ler maisNaceu en Boiro, en 1974. Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña e na actualidade compaxina o seu traballo como asesora empresarial coa paixón pola lectura e a escritura.
As súas novelas, O alento nas costas ( Baía Edicións, 2012) e A cova da Moura ( Baía Edicións, 2017) destinadas ao público xuvenil, desfrutaron dunha magnífica acollida entre o alumnado de diversos institutos de secundaria e bacharelato.
Ler maisNace en Santiago de Compostela en 1963. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela –USC- (1988). É Profesor Agregado de Filosofía de Ensino Secundario desde 1995, exercendo a docencia no IES Chano Piñeiro (Pontevedra).
Ler maisPublica o libro de texto "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía" dedicado ao alumnado de segundo curso de bacharelato.
Ler maisNace en Fene en 1972. Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais.
Ler maisNace na Coruña en xuño de 1968, onde reside actualmente. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, exerce de Técnico de Laboratorio na Universidade da Coruña.
Ler maisNace o 16 de decembro de 1965 na Coruña, onde reside. É Licenciado e Doutor en Matemáticas. Actualmente exerce como Catedrático de Universidade.
Ler maisNace no Val do Mao, Incio, Lugo. Desde hai moitos anos, compaxina o seu traballo profesional como mestra cun dilatado labor literario e cultural que abrangue campos ben variados.
Ler maisPublica varias guías prácticas sobre a horta, os enxertos, gallos e mergullos. Tamén realizou libros sobre as árbores froiteiras e as vides e viños de Galicia.
Ler maisHéctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios La Voz de Galicia e De Luns a Venres.
Ler maisDoutor pola Sorbona en “Estudos Ibéricos”, Magíster en Etnoloxía e Diplomado en Estudos Superiores Cinematográficos. Antigo profesor da Universidade Central de Venezuela e da de Andrés Bello, na actualidade é profesor titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo.
Ler mais